Geographic Names Information System | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipo | base de datos en liña e geographical names database (en) ![]() ![]() |
Parte de | Web semántica ![]() |
Composto por
| |
Persoas e organizacións | |
Operador/a | United States Board on Geographic Names (en) ![]() ![]() |
Desenvolvedor | National Geospatial Program (en) ![]() ![]() |
Localización | |
País | Estados Unidos de América ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | geonames.usgs.gov… ![]() |
[ Wikidata ] |
O Geographic Names Information System (GNIS) é unha base de datos que contén nomes e información sobre localidades xeográficas. Alberga máis de 2 millóns de localidades xeográficas e culturais dos Estados Unidos. É un tipo de gazetteer (dicionario xeográfico). O GNIS foi desenvolvido polo Servizo Xeolóxico dos Estados Unidos en cooperación coa Xunta dos Estados Unidos sobre Nomes Xeográficos (BGN) para promover a estadarización de nomes xeográficos. A base de datos é parte dun sistema que inclúe nomes en mapas topográficos e fontes bibliográficas. As variantes de nomes e as alternativas ós nomes oficiais federais para un lugar tamén son rexistrados. A base de datos nunca elimina unha entrada, "salvo nos casos de duplicación obvia".[1]