Profesor Georg Ossian Sars, ca. 1865 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de abril de 1837 Kinn, Noruega (hoxe parte de Flora) |
Morte | 9 de abril de 1927 Oslo |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Noso Salvador de Oslo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | noreguesa |
Educación | Universidade de Oslo |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioloxía mariña e zooloxía |
Ocupación | Biólogo mariño, biólogo de auga doce, profesor universitario, zoólogo, carcinólogo e ilustrador |
Empregador | Universidade de Oslo |
Membro de | |
Lingua | francés, inglés, noruegués |
Participou en | |
1876 | The Norwegian North-Atlantic Expedition 1876–1878 (en) |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Sars G.O. |
Familia | |
Pais | Michael Sars e Maren Sars |
Irmáns | Ernst Sars, Eva Nansen |
Premios | |
Georg Ossian Sars, nado o 20 de abril de 1837 en Kinn, Noruega, e finado o 9 de abril de 1927 en Oslo, foi un biólogo mariño e de auga doce noruegués.
Georg Ossian Sars naceu o 20 de abril de 1837 en Kinn, Noruega, e era fillo do pastor Michael Sars e da súa esposa Maren Sars; o historiador Ernst Sars era o seu irmán máis vello, e a cantante Eva Nansen era a súa irmá nova. Pasou a infancia en Manger, Hordaland, onde o seu pai era o cura local. Estudou de 1852 a 1854 na escola da Catedral de Bergen, e desde 1854 na escola da Catedral de Christiania, pasando despois á Universidade de Christiana (hoxe Universidade de Oslo) en 1857. Desenvolveu o seu interese pola historia natural mentres estudaba medicina; despois de recolectar pulgas de auga nos lagos locais, con Wilhelm Lilljeborg, descubriu novas especies, o que deu lugar á súa primeira publicación científica. Georg Ossian Sars tiña boa memoria e excelentes habilidades de debuxo, e ilustrou algunhas das obras zoolóxicas do seu pai.[1]
Sars foi un investigador pioneiro e fundador dos estudos sobre o ictioplancto. En 1864, foi encomendado polo goberno noruegués para investigar os caladoiros pesqueiros da costa norueguesa. Un dos seus primeiros descubrimentos foi que os ovos de Gadus morhua eran peláxicos, isto é, que se encontraban en columnas de auga abertas.[1] Continuou recibindo o patrocinio do goberno ao longo de toda a súa carreria.[2]
O campo principal das investigacións de Sars foi sobre os crustáceos e a súa sistemática. Describiu moitas novas especies, especialnte na súa obra mestra, An Account of the Crustacea of Norway.[1]
Georg Ossian Sars non casou, falecendo o 9 de abril de 1927 en Oslo.[1]
O profesor Sars é recordado nos nomes científicos dunha serie de invertebrados mariños, así como na revista Sarsia, do Centro Internacional Sars de Bioloxía Molecular Mariña, e máis no buque oceanográfico insignia noruegués RV G.O.Sars.[1]
A abreviatura Sars emprégase para indicar a Georg Ossian Sars como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Georg Ossian Sars |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Georg Ossian Sars |