George Murnu

Modelo:BiografíaGeorge Murnu

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1868 Editar o valor en Wikidata
Véria, Grecia Editar o valor en Wikidata
Morte17 de novembro de 1957 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Bucarest, Romanía Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Bucarest Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista, tradutor, historiador, poeta Editar o valor en Wikidata
Partido políticoGarda de Ferro Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1044477

George Murnu, ou en arromanés Ioryi Murnu, nado o 1 de xaneiro de 1868 en Veria e finado o 17 de novembro de 1957 en Bucarest, foi un escritor, tradutor e historiador romanés, membro da Academia Romanesa dende 1923[1]. Irmán de Ary Murnu (1881-1971), artista plástico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia arromanesa na aldea de Brazi, preto da cidade de Veria, na época parte da Macedonia otomá e dende o século XX de Grecia, non moi lonxe do río Bistrita. O seu pai, Ioan Murnu estudara en Atenas e foi profesor de grego, latín e francés en Xanthi (na actual Grecia) e en Bitola (na actual Macedonia do Norte), antes de se ordenar sacerdote, exercendo como párroco da igrexa greco-macedonia en Budapest. George medrou en Veria, localizada preto de varios asentamentos arromaneses, Marușea, Șelea de Sus, Șelea de Jos ou Xirulivad. 

Realizou estudos primarios en Veria e secundarios en Bitola, e logo na Universidade de Bucarest, profesor na Universidade de Iaşi en 1893 e ao pouco marchou a Múnic para realizar estudos de posgrao, volvendo a Romanía tras doutorarse en filoloxía. Foi profesor titular do departamento de arqueoloxía da Universidade de Bucarest e director do Museo Nacional de Arqueoloxía (1909).

Traduciu ao romanés a Ilíada mais a Odisea, o que constituíu un acontecemento fundamental na evolución da lingua literaria romanesa[2]. A súa tradución asimilou organicamente a lingua orixinal no espírito da lingua de adopción, procurando no folclore e tradicións romanesas equivalencias da lingua e a mentalidade da épica homérica, nunha íntima familiarización co espírito romanés popular exercendo unha grande influencia na lingua doutros autores. En 1906 publicou en Budapest a primeira parte da súa tradución da Ilíada, en hexametros, e en 1912 deu ao prelo en Bucarest a segunda parte. O texto completo apareceu en 1916, seguíronlle numerosas edicións revisadas ata a aparición da versión definitiva en 1973 que inclúe cambios realizados nos últimos anos da súa vida. A publicación da súa tradución da Odisea foi en 1924 en endecasílabos iámbicos, tamén viu varias edicións corrixidas e a edición definitiva en 1971. Traduciu tamén Electra (1910) e Edipo rei (1943) de Sófocles e Orestia (1942) de Esquilo.

Escribiu poesía orixinal, tanto en arromanés como en romanés, de temas bucólicos. Participou na creación de varias publicacións periódicas[3], xa en 1888 participou na creación de Macedonia. Revista romànilor din Peninsula Balcanică, onde se publicaba literatura orixinal en arromanés, colaborou no Almanahul macedo-român (1900-1903), Lumina. Revistă poporană a românilor din Imperiul Otoman (1903-1908), formou parte do comité de redacción do Calendarul Aromânesc pe anul (1910-1911). En 1911 editou en Bucarest co tamén arromanés Ion Foti a publicación mensual Revista Balcanică, de curta vida. En 1929 colaborou cunha nova proposta arromanesa, Revista Aromănească que se mantivo ata 1931.

Poesía en romanés
  • 1898 - Gânduri și vise,
  • 1925 - Alme Sol,
  • 1934 - Altare,
  • 1934 - Ritmuri pentru tine.
  • 1940 - Tropare,
Poesía en arromanés
  • 1931 - Ritmuri macedonene,
  • Salbă de cântec aromânesc,
  • Chita și Bură.
Ensaios
  • Studiu asupra elementului grec ante-fanariot în limba română, Bucarest, 1894
  • Rumanische Lehn-worter im Neugriechischen, mit historischen Vorbe-merkungen. Munic, 1902 (tese de doutoramento)
  • Monumente antice din Roma. Bucarest, 1907
  • Portretul elin. Studiu iconografic din arheologia clasica. Bucarest, 1908
  • Atena și ruinele ei. Bucarest, 1910
  • Istoria românilor de la Pind. Vlahia Mare (980 - 1259). Bucarest, 1913
  • Cele mai frumoase doine ale poporului roman, dupa diferite colectiuni. Bucarest, 1922
  • Bair di cãntic armãnescu. Bucarest, 1932
  • Românii din Bulgaria medievală. Bucarest, 1937
  1. Academia Română - Membri titulari da AR.
  2. George Călinescu, Istoria literaturii române de la origini până în prezent, 1941.
  3. Pariza, Maria. Presa aromane in date, Biblioteca Culturaii Aromâne

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]