Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de setembro de 1918 ![]() Bruxelas-Capital, Bélxica ![]() |
Morte | 23 de agosto de 1967 ![]() Nürburg, Alemaña ![]() |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, enxeñeiro, piloto de motociclismo, piloto de automobilismo ![]() |
Deporte | automobilismo Motociclismo ![]() |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Georges Berger nado en Sint-Jans-Molenbeek, preto de Bruxelas o 14 de setembro de 1918 e finado en Nürburgring o 23 de agosto de 1967 foi un piloto de competición que participou cun Gordini en dous Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1.
Competiu inicialmente durante os anos 50 nun Fórmula 2 BMW-motor Jicey co cal terminou terceiro no Grand Prix des Frontières en Chimay. En 1953 competiu para o equipo Simca-Gordini e terminou quinto na mesma pista. Participou no mesmo coche (un Gordini Tipo 15 de 1.5 litros e 4 cilindros)[1] no Gran Premio de Bélxica de 1953 pero retirouse logo de soamente tres voltas debido a unha avaría do motor.[1] O ano seguinte correu cun Gordini logrando só unha cuarta posición en Rouen, pero de novo participou nun Gran Premio, o Gran Premio de Francia de 1954 en Reims-Gueux nun Gordini Tipo 16, pero retirouse debido a un problema na válvula de motor. Logo disto desapareceu das carreiras de monoprazas.
Máis adiante na súa carreira compartiu o Ferrari gañador no Tour de Francia Automobilístico de 1960. Morreu cando competía cun Porsche 911 en 1967 no Marathon das 84-horas en Ruta en Nürburgring.
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1953 | Georges Berger | Gordini Type 15 | Gordini 4 en liña | ARX | 500 | NED | BEL Ret |
FRA | GBR | ALE | SUI | ITA | NC | 0 |
1954 | Georges Berger | Gordini Type 16 | Gordini 6 en liña | ARX | 500 | BEL | FRA Ret |
GBR | ALE | SUI | ITA | ESP | NC | 0 |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Georges Berger ![]() |