Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Georges Émile Joseph Demeny 12 de xuño de 1850 Douai, Francia |
Morte | 26 de decembro de 1917 (67 anos) 18.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montmartre |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo, enxeñeiro, fisiólogo, inventor, director de cinema |
Deporte | Ximnasia |
Obra | |
Arquivos en | |
Georges Emile Joseph Demenÿ,[1] nado en Douai (Norte-Paso de Calais) o 12 de xuño de 1850 e finado en París o 26 de outubro de 1917 foi un fotógrafo e inventor francés de orixe húngara, considerado o fundador da educación física científica. Era irmán do poeta Paul Demeny.
Fillo de Adéle Vignron e do músico Philippe Joseph Demenÿ, estudou en Douai e Lille antes de marchar a París, onde comezou a traballar co fisiólogo Étienne-Jules Marey fotografando imaxes de animais e humanos en movemento.[1]
En 1891 cando traballaba de axudante de Marey, inventou e fonoscopio e en 1894 o cronofotógrafo con disco excéntrico, que o converte nun dos precursores do cinema. Con este sistema rexistra series de imaxes nas que unha personaxe (o propio Demenÿ) di frases sinxelas, como “Vive la France!” ou “je vous aime”.[2] Polas súas dificultades económicas viuse obrigado a vender os dereitos do cronofotógrafo a Léon Gaumont,[3] co que este se iniciou no cinema.
En 1903 fundou en París o CSEP (Cour Supérieur d'Education Physique), escola de formación deportiva e médica.