Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2014.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1931 Khárkiv, Ucraína |
Morte | 19 de outubro de 2003 (72 anos) Frankfurt (Alemaña) |
Lugar de sepultura | Peredelkino Cemetery (en) |
Redactor xefe | |
Datos persoais | |
Educación | Facultade de Dereito da Universidade Estatal de San Petersburgo |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura, crítica literaria e realismo literario |
Ocupación | escritor, crítico literario, historiador, novelista, xornalista, Disidencia |
Período de actividade | 1954 - |
Empregador | Amnistía Internacional |
Descrito pola fonte | Russian literature of the 20th century. Volume 1, 2005 (en) , (p.396-398) >>>:ВЛАДИМОВ Георгий Николаевич, Russian writers. The Modern Era (en) Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi |
Georgii Nikolaevich Vladimov, nado como Georgii Nikolaevich Volosevich (en ruso: Георгий Николаевич Владимов / Волосевич) en Khárkiv o 19 de febreiro de 1931 e finado en Frankfurt o 19 de outubro de 2003, foi un escritor e xornalista soviético disidente.
Naceu na República Socialista Soviética de Ucraína no seo dunha familia de intelectuais, estudou Dereito na Universidade Estatal de Leningrado, obtendo o título cum laude en 1953. Comezou en 1954 a súa actividade literaria, principalmente no xornalismo e crítica literaria e teatral, colaborando coas revistas Novyi Mir (O novo mundo), Literaturnaia gazeta (O xornal literario) e Teatr (Teatro).
Durante os anos sesenta achégase á prosa con Bolshaia ruda(A vea grande). A súa obra máis famosa é Vernyi Ruslan (O fiel Ruslán), unha sátira sobre o gulag a través do punto de vista dun can gardián. Para sortear á censura foi impreso de forma clandestina, e apareceu antes legalmente en Alemaña que en Rusia. Desde 1961 foi membro da Unión de Escritores Soviéticos, pero saíu dela en 1977. En 1969 comezou a ter problemas cos apparatchik literarios pola súa novela Tri minuty molchaniia (Tres minutos de silencio), publicada logo integramente e sen censura en 1982 en Alemaña.
Debido a que ocupou a presidencia do comité de Amnistía Internacional en Moscova, foi perseguido e espiado constantemente polo KGB. Emigrou a Alemaña en 1977 logo de entrar en contacto cos exiliados rusos neste país, mais en 1984 foille anulada a cidadanía soviética (puido obter a cidadanía rusa só no ano 2000). Desde o seu exilio dirixiu a revista Gradi (Facetas), mais a deixou con polémica en 1986 logo de acusar ao editor de ser máis censor que os soviéticos. Coa súa novela General i ego armiia (O xeneral e a súa armada) gañou en 1995 o Premio Booker ruso.