Geotail | |
---|---|
Representación de Geotail. | |
Tipo | Observación terrestre |
Organización | ISAS / NASA |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 24 de xullo de 1992[1][2][3] |
Foguete portador | Delta II 6925[2][4][5] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[2][6] |
Obxectivo da misión | Estudo da magnetocola terrestre.[2][6] |
NSSDC ID | 1992-044A |
Masa | 980 kg[2][6] |
Dimensións | 2,2 m de diámetro por 1,6 m de alto.[2] |
Potencia | 273 vatios[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 126.781,6 km[1] |
Inclinación | 37 graos[1] |
Apoapse | 186.025,5 km[1] |
Periapse | 54.795,8 km[1] |
Geotail é un satélite artificial xaponés lanzado en colaboración coa NASA mediante un foguete Delta II 6925 o 24 de xullo de 1992 desde Cabo Cañaveral. Forma parte da colaboración internacional ISTP para comprender mellor as relacións Terra-Sol xunto cos satélites Wind, Polar, SOHO e Cluster.[2][5]
A misión de Geotail foi estudar os procesos que teñen lugar na magnetocola para comprender mellor o funcionamento da magnetosfera terrestre, incluíndo a física das rexións límite, os fenómenos de reconexión magnética e os mecanismos de entrada, transporte, almacenamento, transferencia de masa e momento e enerxía.[2][4]
O satélite estabilízase mediante xiro, a unhas 20 revolucións por minuto, co eixo de rotación inclinado entre 85 e 89 graos respecto do plano da eclíptica. Ten forma de cilindro e mide uns 2,2 metros de diámetro por 1,6 metros de alto. A alimentación eléctrica é proporcionada por células solares montadas sobre o corpo cilíndrico e baterías para os momentos nos que o satélite entra na sombra da Terra. Os datos recíbense en tempo real mediante un enlace en banda X no Centro do Espazo Profundo de Usuda, no Xapón. Para os momentos nos que non é posible a transmisión en tempo real, Geotail leva a bordo un par de grabadoras de cinta cunha capacidade de 450 Mb cada unha.[2]
Geotail leva sete instrumentos a bordo:[4]