Girolamo Mei

Modelo:BiografíaGirolamo Mei
Biografía
Nacemento27 de maio de 1519 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Florencia, Italia Editar o valor en Wikidata
Mortexullo de 1594 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador, musicólogo, teórico da música Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1561449 IMSLP: Category:Mei,_Girolamo Editar o valor en Wikidata

Girolamo Mei, nado en Florencia o 27 de maio de 1519 e finado en Roma en xullo de 1594, foi un historiador e humanista italiano, famoso na historia da música por dar impulso intelectual á Camerata Florentina, que tentou revivir o antigo drama musical grego.

Mei foi o primeiro europeo logo de Anicio Boecio que realizou un estudo detallado da antiga teoría musical grega. Recompilou as súas conclusións nun gran tratado, De modis musicis antiquorum (non formalmente publicado, mais escrito entre 1568 e 1573). Moitos dos seus descubrimentos comunicoullos a Vincenzo Galilei a través dunha extensa correspondencia; esta información foi decisiva na formación dun novo estilo musical que se desenvolveu en Florencia a finais do século XVI, o novo estilo recitativo (stile recitativo) do que se desenvolveu a monodia, os primeiros dramas musicais, e finalmente a ópera. Galilei e o resto dos integrantes da Camerata Florentina estaban decididos a revivir o estilo musical das antigas traxedias gregas, e se ben poden terse enganado, a aplicación das ideas de Mei comezaron unha das revolucións máis profundas da historia da música.

Mei tamén editou e anotou as traxedias de Esquilo e Eurípides, así como moitos outros traballo de escritores clásicos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Donatella Restani, L'itinerario di Girolamo Mei dalla Poetica alla musica con un'appendice di testi, Firenze, L. S. Olschki, 1990 (Studi e testi per la storia della musica, 7)
  • Claude Palisca, Girolamo Mei, NewGrove 1980 xii 7-68
  • Gustave Reese, Music in the Renaissance. Nova York, W.W. Norton & Co., 1954. ISBN 0-393-09530-4