Giuseppe Mangiarotti

Modelo:BiografíaGiuseppe Mangiarotti

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de maio de 1883 Editar o valor en Wikidata
Broni, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte24 de outubro de 1970 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Bérgamo, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio monumental de Milán Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista Editar o valor en Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor en Wikidata
Participou en
1908Xogos Olímpicos de 1908 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRosa Pirola Editar o valor en Wikidata
FillosDario Mangiarotti, Edoardo Mangiarotti, Mario Mangiarotti Editar o valor en Wikidata
NaiAdelina Stehle Editar o valor en Wikidata

Giuseppe Mangiarotti, nado en Broni o 27 de maio de 1883 e finado en Bérgamo o 24 de outubro de 1970, foi un mestre de armas e tirador de esgrima italiano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo da soprano Adelina Stehle, frecuentou a escola superior en Lausana e practicou moi diversos deportes, alpinismo, ximnasia, tenis ou remo. A esgrima chegou algo máis tarde en 1906 despois dun encontro casual co mestre de armas siciliano Enrico Lancia di Brolo. Foi xa campión de espada profesional de Italia en 1906, título que mantivo ata 1927 agás en 1913-1914 anos nos que non competiu. En 1908, adestrado para a ocasión por Luigi Colombetti, participou nos Xogos Olímpicos de 1908 en Londres, quedando en espada por equipos en cuarto lugar. En 1909 fundou en Milán a súa propia sala de armas, que se converteu nunha das máis afamadas do país. Entre 1913 e 1914 estivo en Budapest como instrutor na sala de Italo Santelli. Á volta a competición tras a primeira guerra mundial foi campión de Europa de espada individual e por equipos en 1919. Entre 1924 e 1960 foi adestrador do equipo olímpico italiano de espada. E desde 1938 foi o director da sala de armas da Società del Giardino.

Casou en 1917 con Rosetta Pirola, futura tiradora de esgrima, e foi pai dos tamén tiradores Dario (1915-2010), Edoardo (1919-2012) e Mario (1920).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]