A glaciación Gaskiers é un período do que se encontran amplos depósitos glaciares (por exemplo, diamictitas) que duraron 340 000 anos, datados entre hai 579,63 ± 0,15 e 579,88 ± 0,44 millóns de anos,[3] é dicir, no final do período ediacariano, polo que é o último episodio glacial importante do Precámbrico.[4]
Os depósitos atribuídos ao Gaskiers, asumindo que foron todos depositados ao mesmo tempo, atopáronse en oito paleocontinentes separados, que nalgúns casos estaban preto do ecuador (a unha latitude de 10-30°). A sección de 300 m de grosor que leva ese nome atopada en Gaskiers (Terra Nova) está chea de rochas intercaladas no depósito (dropstones) estriadas.[3] Os seus valores isotópicos δ13C son realmente baixos (arredor do 8‰), o que concorda cun período de anormalidades ambientais.[3] O estrato descansa xusto por riba dos fósiles máis vellos da biota de Ediacara, o que orixinou suxestións inicias como que o paso da glaciación puido achaiar o camiño para a evolución destes estraños organismos. Métodos de datación máis axeitados mostraron que hai de feito un oco de 9 millóns de anos entre as diamictitas e os microfósiles de hai 570 millóns de anos.[3]
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |