(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1970 (54 anos) Dublín, Irlanda |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irlanda |
Educación | Escola de Cinema de Nova York |
Actividade | |
Ocupación | actor , músico , compositor de bandas sonoras , actor de cinema , cantautor , artista urbano , cantante , guitarrista |
Período de actividade | 1990 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música tradicional e indie pop |
Lingua | Lingua inglesa e lingua neerlandesa |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Ukelele, voz e guitarra |
Familia | |
Parella | Markéta Irglová |
Premios | |
Páxina web | glenhansard.com |
|
Glen Hansard, nado o 21 de abril de 1970 en Dublín, é un cantante e compositor do grupo irlandés de rock The Frames. Tamén ten traballado como presentador de televisión e actor, destacando a súa actuación no filme Once.
Hansard deixou a escola á idade de 13 anos para gaña-la vida tocando polas rúas de Dublín. A primeira vez que se deu a coñecer ó gran público foi como o guitarrista Outspan Foster no filme The Commitments. No 2003 presentou o programa de televisión da RTÉ, Other Voices: Songs from a Room. En abril do 2006 publicou o seu primeiro álbum musical en solitario The Swell Season, coa colaboración da cantante e instrumentista checa Markéta Irglová, a finesa Marja Tuhkanen ó violín e o francés Bertrand Galen ó violoncello. Tamén colaborou con Eddie Vedder no seu último traballo Ukelele Song. Tamén no 2006, actuou no filme Once, onde interpreta a un músico da rúa xunto con Markéta Irglová, que fai dunha inmigrante checa que vende flores pola rúa. O filme tivo moi boa acollida no Festival de Cinema de Sundance e foi gañadora dun Óscar á mellor canción orixinal.
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Óscar á mellor canción orixinal | Once | Gañador |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Glen Hansard |