Gliese 176 | |
Data de observación Época X2000.0 Equinoccio X2000.0 | |
---|---|
Constelación | Taurus |
Ascensión recta | 04h 42m 55.78s[1] |
Declinación | +18° 57′ 29.40″[1] |
Magnitude aparente (V) | +9,95 |
Características | |
Tipo espectral | M2V[2] |
Índice de cor B−V | 1,523 ± 0,025[1] |
Tipo de variable | BY Dra |
Astrometría | |
Velocidade radial (Rv) | 26,4105 ± 0,0004[2] km/s |
Movemento propio (μ) | RA: 656,85 ± 3,81[1] mas/ano Dec.: -1116,20 ± 2,49[1] mas/ano |
Paralaxe (π) | 1067.83 ± 2.85[1]mas |
Distancia | 3.054 ± 0.008 al (0.936 ± 0.002 pc) |
Magnitude absoluta (MV) | 10,10 ± 0,06[2] |
Detalles | |
Masa | 0,50 ± 0,03[3] M☉ |
Luminosidade | 0,022[2] L☉ |
Temperatura | 3.346[3] K |
Metalicidade [Fe/H] | –0,1 ± 0,2[2] dex |
Rotación | 40,00 ± 0,11[2] días |
Velocidade rotacional (v sin i) | ≤0,8[2] km/s |
Outras denominacións | |
HD 285968, HIP 21932, Ross 33 | |
Referencias en bases de datos | |
SIMBAD | datos |
Enciclopedia de planetas extrasolares | datos |
Gliese 176 (HD 285968) é un anana vermella que está na constelación de Taurus. Baseándose nas medicións da paralaxe feitas pola misión Hipparcos, a estrela está situada a preto de 31 anos luz de distancia.[1] A estrela ten orbitando un planeta tipo Superterra.
No 2008, anunciouse que esta estrela tiña un compañeiro planetario.[4] Isto baseouse nun programa de cinco anos de medicións de velocidades radiais co telescopio Hobby-Beber. Estas observacións amosaban unha periodicidade de 10,24 días,[2] a cal foi interpretada coma unha consecuencia da presenza dun planeta. Cunha semi-amplitude de 11,6 m/s, a masa mínima estimada do planeta foi de 24,5 veces a masa da Terra, ou 1,4 veces a masa de Neptuno.
Observacións feitas co espectrógrafo HARPS non puideron confirma-la variación de 10,24 días. Pola contra, outras dúas periodicidades foron detectadas en 8,78 e 40,0 días, con amplitudes por baixo do posible erro de observación do HET. A variación de 40 días coincide co período de rotación da estrela e, polo tanto, é causada pola actividade da mesma, pero a variación de curto prazo non é explicada pola actividade da propia estrela, e polo tanto, é causada por un planeta. A súa semi-amplitude de 4,1 m/s correspondese cunha masa mínima de 8,4 masas da Terra, facendo do planeta unha Super-Terra.
Nun estudo independente, observacións feitas co telescopio Keck tampouco conseguiron confirma-lo sinal de 10,24 días.[5] Detectouse unha periodicidade de 8,77 días - correspondente ó planeta anunciado polo equipo HARPS - á que se lle asignou unha importancia intermedia, pero non foi considerada o suficientemente importante para reclamar unha causa planetaria, baseándose só nos seus propios datos.
Compañeiro (en orde dende a estrela) |
Masa | Raio | Semieixo maior (UA) |
Período orbital (días) |
Inclinación | Excentricidade |
---|---|---|---|---|---|---|
b | >8,4 M⊕ | ? | 0.066 | 8,7836 ± 0,0054 | ? | 0 |