O Goberno da Súa Maxestade de Xibraltar é o goberno democraticamente elixido do territorio británico ultramarino de Xibraltar. O goberno ten a Raíña Isabel II (representada por un Gobernador - actualmente, Sir Adrian Johns) como o seu xefe de Estado. As eleccións celébranse cada catro anos, cun parlamento unicameral de 18 membros (17 membros elixidos por voto popular e un membro, o "Speaker", nomeado polo Parlamento). Os mandatos son tamén de catro anos.[1]
O gobernandor nomea o líder do partido maioritario (ou da coalición maioritaria) como ministro xefe (xefe de goberno).[1]
O Gabinete (Consello de ministros) fórmano, polo xeral, nove dos 17 membros electos do Parlamento, elixidos polo ministro xefe, coa aprobación do gobernador.[2] Os sete membros restantes constitúen a oposición (Gabinete á sombra).[1]
O Gabinete elixido en 2011:[3]
Nome | Función ministerial |
---|---|
O Hon. Fabian Picardo | Ministro xefe |
O Hon. Dr. Joseph Garcia | Viceministro xefe |
O Hon. Dr. John Cortes | Ministro da Sanidade e medio ambiente |
O Hon. Charles Bruzon | Ministro da Vivenda e da terceira idade |
A Hon. Samantha Sacramento | Ministra da Igualdade e servizos sociais |
O Hon. Gilbert Licudi | Ministro da Educación, servizos financeiros, xogos, telecomunicacións e xustiza |
O Hon. Joe Bossano | Ministro de Empresas, formación e emprego |
O Hon. Neil Costa | Ministro de Turismo, transporte público e Porto |
O Hon. Paul Balban | Ministro de Tráfico, seguridade e hixiene e servizos técnicos |
O Hon. Steven Linares | Ministro de Deporte, cultura, patrimonio e xuventude |