En zooloxía denomínase gonóforo á rexión do gonozoide dos cnidarios hidrozoos onde se producen, por xemación, medusas, que poden permaneceren no zooide ou seren liberadas ao medio.[1]
Os gonóforos nacen de ramas que crecen ao redor da parede do zooide (pólipo, que ten boca, cavidade gastrovascular e tentáculos). As células xerminais fórmanse a partir da capa interna do entocodon (capa derivada do ectoderma).[2] O entocodon é o primordio (é dicir, as primeiras células que dan lugar ao desenvolvemento dun órgano) da subumbrela (é dicir, a superficie oral cóncava dunha medusa) no desenvolvemento das medusas a partir do gonóforo.[3]
O termo gonóforo está fomado polos elementos do Vocabulario Científico Internacional gono- e ´-foro. O primeiro deriva do grego antigo γόνος gónos, "xeración", "acción de enxendrar",[4] e o segundo do latín científico -phorus, tirado do grego antigo -φόρος -phóros "carga", derivdo do verbo φέρω phérō, "levar", "transportar", "carrexar".