![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1973 ![]() Vitoria, España ![]() |
![]() | |
13 de xuño de 2015 – 17 de xuño de 2023 ← Javier Maroto – Maider Etxebarria (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade do País Vasco ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Vitoria ![]() |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco ![]() |
Familia | |
Nai | María Jesús Aguirre Uribe ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Gorka Urtaran Agirre, nado en Vitoria o 21 de decembro de 1973, é un político español, membro do Partido Nacionalista Vasco. Dende o 13 de xuño de 2015 é alcalde de Vitoria.
Gorka Urtaran naceu en Vitoria o 21 de decembro de 1973. Cursou os seus estudos no colexio San Viator da capital arabesa e licenciouse en socioloxía no ano 1998 pola Universidade do País Vasco.[1] Afiliouse ao Partido Nacionalista Vasco (PNV) en 1994 e foi elixido concelleiro en Vitoria no ano 2011, onde é o voceiro do PNV.
Nas eleccións de 2015, foi o candidato da súa formación á alcaldía de Vitoria. Obtivo o terceiro posto, por detrás do Partido Popular e EH Bildu.[2] Logrou o apoio de EH Bildu e o PSE-EE para ser elixido alcalde. Finalmente, foi elixido co apoio de PNV, EH Bildu, Irabazi (coalición de Equo e Ezker Anitza) e Sumando-Hemen Gaude (candidatura apoiada por Podemos).[3]
Predecesor: Javier Maroto |
![]() Alcalde de Vitoria 13 de xuño de 2015 - actualidade |
Sucesor: No cargo |