Nome oficial | XI Argentine Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio da Arxentina |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1974 |
Distancia do evento | 53 |
Localización e Datas | |
Localización | Autódromo Oscar Alfredo Gálvez (Buenos Aires) 34°41′39″S 58°27′34″O / -34.694272222222, -58.459347222222 |
País | Arxentina |
Data | 13 de xaneiro de 1974 |
Competición | |
Primeiro posto | Denny Hulme |
Pole position | Ronnie Peterson |
Volta máis rápida | Clay Regazzoni |
O Gran Premio da Arxentina de 1974 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 13 de xaneiro de 1974 no Autódromo Oscar Alfredo Gálvez de Buenos Aires. Foi a primeira carreira da tempada de 1974.
Foi unha pretempada frenética, só Ronnie Peterson, Denny Hulme, Carlos Reutemann e James Hunt permaneceron cos seus equipos. Emerson Fittipaldi pasou de Lotus de McLaren para ser substituído por Jacky Ickx. O posto de Mike Hailwood en Surtees foi ocupado por Jochen Mass, mentres que Peter Revson marchou de McLaren a Shadow .
Niki Lauda e Clay Regazzoni seguiron como compañeiros de equipo, pero pilotando para Ferrari en lugar de BRM que os substituíu por Henri Pescarolo e François Migault. Coa morte de François Cevert e a retirada de Jackie Stewart, Tyrrell tivo un novo equipo con Jody Scheckter e Patrick Depailler.
Por primeira vez, a visita da Fórmula Un no circuíto de Bos Aires viu a utilización da longa e rápida configuración Nº 15. Peterson logrou a pole pero Hunt liderou desde o principio. Revson e Jean-Pierre Jarier chocaron e Reutemann tomou a dianteira na volta 3. Peterson tivo problemas cos pneumáticos, mentres que Fittipaldi danou as engrenaxes. Hulme marchaba no segundo lugar e na volta 52 tomou a dianteira cando Reutemann quedou sen combustible. O angustiado arxentino estaba só a unha volta da liña de meta e unha vitoria na casa. Sería a última vitoria de Hulme nun Gran Premio, Ferrari firmou a segunda e terceira praza para completar o podio.
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 6 | Denny Hulme | McLaren-Ford | 53 | 1:41:02.01[1] | 10 | 9 |
2 | 12 | Niki Lauda | Ferrari | 53 | + 9.27 | 8 | 6 |
3 | 11 | Clay Regazzoni | Ferrari | 53 | + 20.41 | 2 | 4 |
4 | 33 | Mike Hailwood | McLaren-Ford | 53 | + 31.79 | 9 | 3 |
5 | 14 | Jean-Pierre Beltoise | BRM | 53 | + 51.84 | 14 | 2 |
6 | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 53 | + 1:52.48 | 15 | 1 |
7 | 7 | Carlos Reutemann | Brabham-Ford | 52 | Sen gasolina | 6 | |
8 | 10 | Howden Ganley | March-Ford | 52 | Sen gasolina | 19 | |
9 | 15 | Henri Pescarolo | BRM | 52 | + 1 volta | 21 | |
10 | 5 | Emerson Fittipaldi | McLaren-Ford | 52 | + 1 volta | 3 | |
11 | 27 | Guy Edwards | Lola-Ford | 51 | + 2 voltas | 25 | |
12 | 28 | John Watson | Brabham-Ford | 49 | + 4 voltas | 20 | |
13 | 1 | Ronnie Peterson | Lotus-Ford | 48 | + 5 voltas | 1 | |
Ret | 26 | Graham Hill | Lola-Ford | 45 | Motor | 17 | |
Ret | 2 | Jacky Ickx | Lotus-Ford | 36 | Embrague | 7 | |
Ret | 8 | Richard Robarts | Brabham-Ford | 36 | Caixa de cambios | 22 | |
Ret | 9 | Hans Joachim Stuck | March-Ford | 31 | Embrague | 23 | |
Ret | 37 | François Migault | BRM | 31 | Fuga auga | 24 | |
Ret | 3 | Jody Scheckter | Tyrrell-Ford | 25 | Motor | 12 | |
Ret | 18 | Carlos Pace | Surtees-Ford | 21 | Suspensión | 11 | |
Ret | 20 | Arturo Merzario | Iso Marlboro-Ford | 19 | Temperatura | 13 | |
Ret | 24 | James Hunt | March-Ford | 11 | Temperatura | 5 | |
Ret | 19 | Jochen Mass | Surtees-Ford | 10 | Motor | 18 | |
Ret | 16 | Peter Revson | Shadow-Ford | 1 | Accidente | 4 | |
Ret | 17 | Jean-Pierre Jarier | Shadow-Ford | 0 | Accidente | 16 |
|
|
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio da Arxentina de 1974 |
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-15.
Carreira anterior: Gran Premio dos Estados Unidos de 1973 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1974 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Brasil de 1974 |
Carreira anterior: Gran Premio da Arxentina de 1973 |
Gran Premio da Arxentina | Carreira seguinte: Gran Premio da Arxentina de 1975 |