Nome oficial | Großer Preis der Schweiz für Automobile Swiss Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Suíza |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950 |
Distancia do evento | 42 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Bremgarten (Bremgarten bei Bern) 46°57′00″N 7°24′39″L / 46.95, 7.4108333333333 |
País | Suíza |
Data | 4 de xuño de 1950 |
Competición | |
Primeiro posto | Nino Farina |
Pole position | Juan Manuel Fangio (02:42,1) |
Volta máis rápida | Nino Farina (02:41,6) |
O Gran Premio de Suíza de 1950 foi unha carreira de Fórmula Un, celebrada o 4 de xuño de 1950 en Suíza. Esta carreira foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo de Pilotos de 1950. A carreira, disputada sobre 42 voltas cunha distancia total de 305´760 quilómetros foi gañada por Nino Farina do equipo Alfa Romeo. Luigi Fagioli terminou segundo tamén con Alfa Romeo e Louis Rosier terminou 3º con Automobiles Talbot-Darracq SA.
A cuarta rolda do Campionato tivo lugar apenas tres semanas logo do comezo do campionato en Silverstone (con Mónaco e Indianápolis celbrandose en fins de semana consecutivos). Unha vez máis, a carreira resultou ser unha batalla entre os Alfa Romeo 158 de fábrica de Giuseppe Farina, Juan Manuel Fangio e Luigi Fagioli e os Ferrari de Alberto Ascari, Luigi Villoresi (que tiña o último modelo coa suspensión traseira Dion, motor con dobre árbore de levas e caixa de cambios de 4 velocidades), Raymond Sommer e Peter Whitehead. Estaban unha serie de pouco competitivos Talbot-Lago e Maserati. José Froilán González estaba fóra da carreira como consecuencia das queimaduras que recibira despois do accidente da primeira volta en Gran Premio de Mónaco. Tamén como resultado do accidente estaba fora o piloto de fábrica de Maserati Franco Rol. Na cualificación Fangio e Farina distanciaronse de Fagioli con Villoresi e Ascari compartindo a segunda fila da grella 3-2-3. Peter Whitehead, Franco Rol, Reg Parnell e Rudi Fischer non se clasificaron. Na primeira volta Ascari meteuse entre os Alfa Romeo, pero rapidamente descolgouse cara a atrás e deixou a batalla aos Alfas. Fangio liderou desde o principio, pero logo adiantouse Farina despois dunha parada en boxes máis rápida. Fagioli non foi quen de manterse e logo da retirada de Villoresi e Ascari o Príncipe Bira quedou cuarto. Tivo que recargar combustible e polo tanto Felipe Étancelin nun Talbot-Lago ocupou o cuarto lugar. Pouco despois, o piloto de fábrica de Talbot-Lago Eugène Martin estrelouse con forza e resultou ferido de gravidade cando saíu despedido do coche. Étancelin retirouse máis tarde con problemas na caixa de cambios o piloto de fábrica de Talbot-Lago Louis Rosier quedou cuarto, e ascendiu a terceira posición cando Fangio retirouse na volta 33 cun problema eléctrico.
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Volta | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 14 | Juan Manuel Fangio | Alfa Romeo | 2:42.1 | – |
2 | 16 | Nino Farina | Alfa Romeo | 2:42.8 | + 0.7 |
3 | 12 | Luigi Fagioli | Alfa Romeo | 2:45.2 | + 3.1 |
4 | 22 | Luigi Villoresi | Ferrari | 2:46.1 | + 4.0 |
5 | 18 | Alberto Ascari | Ferrari | 2:46.8 | + 4.7 |
6 | 42 | Philippe Étancelin | Talbot-Lago-Talbot | 2:51.1 | + 9.0 |
7 | 6 | Yves Giraud-Cabantous | Talbot-Lago-Talbot | 2:52.7 | + 10.6 |
8 | 30 | Príncipe Bira | Maserati | 2:53.2 | + 11.1 |
9 | 8 | Eugène Martin | Talbot-Lago-Talbot | 2:53.7 | + 11.6 |
10 | 10 | Louis Rosier | Talbot-Lago-Talbot | 2:54.0 | + 11.9 |
11 | 32 | Toulo de Graffenried | Maserati | 2:54.2 | + 12.1 |
12 | 34 | Felice Bonetto | Maserati | 2:54.6 | + 12.5 |
13 | 20 | Raymond Sommer | Ferrari | 2:54.6 | + 12.5 |
14 | 4 | Johnny Claes | Talbot-Lago-Talbot | 2:59.0 | + 16.9 |
15 | 2 | Nello Pagani | Maserati | 3:06.8 | + 24.7 |
16 | 26 | Louis Chiron | Maserati | 3:06.8 | + 24.7 |
17 | 40 | Toni Branca | Maserati | 3:10.0 | + 27.9 |
18 | 44 | Harry Schell | Talbot-Lago-Talbot | 3:11.5 | + 29.4 |
Pos | Nº | Piloto | Construtor | volta | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 16 | Nino Farina | Alfa Romeo | 42 | 2:02:53.7 | 2 | 9 |
2 | 12 | Luigi Fagioli | Alfa Romeo | 42 | + 0´4 | 3 | 6 |
3 | 10 | Louis Rosier | Talbot-Lago-Talbot | 41 | + 1 volta | 10 | 4 |
4 | 30 | Prince Bira | Maserati | 40 | + 2 voltas | 8 | 3 |
5 | 34 | Felice Bonetto | Maserati | 40 | + 2 voltas | 12 | 2 |
6 | 32 | Toulo de Graffenried | Maserati | 40 | + 2 voltas | 11 | |
7 | 2 | Nello Pagani | Maserati | 39 | + 3 voltas | 15 | |
8 | 44 | Harry Schell | Talbot-Lago-Talbot | 39 | + 3 voltas | 18 | |
9 | 26 | Louis Chiron | Maserati | 39 | + 3 voltas | 16 | |
10 | 4 | Johnny Claes | Talbot-Lago-Talbot | 38 | + 4 voltas | 14 | |
11 | 40 | Toni Branca | Maserati | 35 | + 7 voltas | 17 | |
Ret | 14 | Juan Manuel Fangio | Alfa Romeo | 32 | Motor | 1 | |
Ret | 42 | Philippe Étancelin | Talbot-Lago-Talbot | 25 | Caixa de cambios | 6 | |
Ret | 8 | Eugène Martin | Talbot-Lago-Talbot | 19 | Accidente | 9 | |
Ret | 20 | Raymond Sommer | Ferrari | 19 | Suspensión | 13 | |
Ret | 22 | Luigi Villoresi | Ferrari | 9 | Motor | 4 | |
Ret | 18 | Alberto Ascari | Ferrari | 4 | Bomba aceite | 5 | |
Ret | 6 | Yves Giraud-Cabantous | Talbot-Lago-Talbot | 0 | Accidente | 7 |
Pos | Piloto | Puntos | |
---|---|---|---|
1 | Nino Farina | 18 | |
2 | 2 | Luigi Fagioli | 12 |
1 | 3 | Juan Manuel Fangio | 9 |
1 | 4 | Johnnie Parsons | 9 |
5 | Alberto Ascari | 6 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Suíza de 1950 |
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2015. Consultado o 2007-06-05.
Carreira anterior: 500 Millas de Indianápolis de 1950 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1950 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1950 |
Carreira anterior: Gran Premio de Suíza de 1949 |
Gran Premio de Suíza | Carreira seguinte: Gran Premio de Suíza de 1951 |