Nome oficial | XXXI John Player British Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio do Reino Unido |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1978 |
Distancia do evento | 76 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Brands Hatch (Kent) 51°21′24″N 0°15′45″L / 51.356666666667, 0.2625 |
Lonxitude | 3,703 km |
País | Reino Unido |
Data | 16 de xullo de 1978 |
Competición | |
Primeiro posto | Carlos Reutemann |
Pole position | Ronnie Peterson |
Volta máis rápida | Niki Lauda |
O Gran Premio do Reino Unido de 1978 (oficialmente o XXXI John Player British Grand Prix) foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 16 de xullo de 1978 no circuíto de Circuíto de Brands Hatch, Kent, Inglaterra. Foi a décima carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1978, disputada sobre 76 voltas.
Cun total de 31 coches na lista de inscritos, decidiuse prohibir a participación do Martini de René Arnoux, o que deixou 30 coches para a cualificación.[1]
Como era de esperar, o Team Lotus ocupou a primeira fila da grella, aínda que nesta ocasión Ronnie Peterson adiantouse a Mario Andretti. Jody Scheckter en Wolf e Niki Lauda en Brabham formaron a segunda fila, mentres que na terceira estaban Riccardo Patrese no Arrows e Alan Jones no Williams. O top ten completouse con Jacques Laffite do Ligier, Carlos Reutemann de Ferrari, John Watson no segundo Brabham e Patrick Depailler no Tyrrell.
Ao comezo da carreira, Andretti adiantou a Peterson, con Scheckter terceiro e Jones ascendendo ao cuarto posto. Os lotus rapidamente lograron unha gran diferenza, e parecía que ían dominar, ata que Peterson retirouse na volta 7, cunha fuga de combustible. Andretti seguiu á fronte ata que unha picada obrigoulle entrar a boxes na volta 24, antes de que o seu motor fallara cinco voltas máis tarde.
Scheckter herdou o liderado, seguido de cerca por Jones, Lauda e Patrese. Na volta 27, o eixe de transmisión de Jones rompeu, antes de que Scheckter comezara a sufrir problemas co cambio. Na volta 34, Lauda alcanzou ao surafricano, quen se retirou tres voltas máis tarde. Isto deixou a Patrese segundo, con Reutemann terceiro, e Watson cuarto, Didier Pironi quinto no segundo Tyrrell e Keke Rosberg no sexto lugar no ATS.[2]
Na volta 41, Patrese sufriu unha picada na roda traseira, que provocou un fallo na suspensión. Pironi tamén se retirou nesta volta con problemas na caixa de cambios, quedando Rosberg cuarto. O finlandés pronto se viu presionado por Depailler, que o pasou na volta 49.
Reutemann alcanzou a Lauda e pasouno na volta 60 acadando o liderado, os dous estaban dobrando ao McLaren de Bruno Giacomelli. O arxentino mantivo baixo control ó austríaco nas voltas finais, logrando a súa terceira vitoria da tempada cunha vantaxe de 1´2 segundos. Watson terminou 36 segundos detrás de Lauda e 36 por diante de Depailler, mentres que un fallo na suspensión de Rosberg na volta 60 significaba que os puntos finais foron a Hans-Joachim Stuck no Shadow e Patrick Tambay no McLaren.
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 11 | Carlos Reutemann | Ferrari | 76 | 1:42:12.39 | 8 | 9 |
2 | 1 | Niki Lauda | Brabham-Alfa Romeo | 76 | + 1.23 | 4 | 6 |
3 | 2 | John Watson | Brabham-Alfa Romeo | 76 | + 37.25 | 9 | 4 |
4 | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 76 | + 1:13.27 | 10 | 3 |
5 | 16 | Hans-Joachim Stuck | Shadow-Ford | 75 | + 1 Lap | 18 | 2 |
6 | 8 | Patrick Tambay | McLaren-Ford | 75 | + 1 volta | 20 | 1 |
7 | 33 | Bruno Giacomelli | McLaren-Ford | 75 | + 1 volta | 16 | |
8 | 30 | Brett Lunger | McLaren-Ford | 75 | + 1 volta | 24 | |
9 | 19 | Vittorio Brambilla | Surtees-Ford | 75 | + 1 volta | 25 | |
10 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Matra | 73 | + 3 voltas | 7 | |
NC | 9 | Jochen Mass | ATS-Ford | 65 | + 11 voltas | 26 | |
Ret | 10 | Keke Rosberg | ATS-Ford | 59 | Suspensión | 22 | |
Ret | 17 | Clay Regazzoni | Shadow-Ford | 49 | Caixa de cambios | 17 | |
Ret | 15 | Jean-Pierre Jabouille | Renault | 46 | Turbo | 12 | |
Ret | 35 | Riccardo Patrese | Arrows-Ford | 40 | Suspensión | 5 | |
Ret | 3 | Didier Pironi | Tyrrell-Ford | 40 | Caixa de cambios | 19 | |
Ret | 20 | Jody Scheckter | Wolf-Ford | 36 | Caixa de cambios | 3 | |
Ret | 14 | Emerson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 32 | Motor | 11 | |
Ret | 37 | Arturo Merzario | Merzario-Ford | 32 | Sistema combustible | 23 | |
Ret | 22 | Derek Daly | Ensign-Ford | 30 | Roda | 15 | |
Ret | 5 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 28 | Motor | 2 | |
Ret | 27 | Alan Jones | Williams-Ford | 26 | Transmisión | 6 | |
Ret | 12 | Gilles Villeneuve | Ferrari | 19 | Transmisión | 13 | |
Ret | 25 | Héctor Rebaque | Lotus-Ford | 15 | Caixa cambios | 21 | |
Ret | 7 | James Hunt | McLaren-Ford | 7 | Accidente | 14 | |
Ret | 6 | Ronnie Peterson | Lotus-Ford | 6 | Fuga combustible | 1 | |
NSC | 18 | Rupert Keegan | Surtees-Ford | ||||
NSC | 36 | Rolf Stommelen | Arrows-Ford | ||||
NSC | 23 | Geoff Lees | Ensign-Ford | ||||
NSC | 40 | Tony Trimmer | McLaren-Ford |
|
|
Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1978 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1978 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 1978 |
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1977 |
Gran Premio do Reino Unido | Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1979 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Reino Unido de 1978 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |