Nome oficial | XI Japanese Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio do Xapón |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1976 |
Distancia do evento | 73 |
Localización e Datas | |
Localización | Fuji Speedway (Oyama (pt) ) 35°22′18″N 138°55′36″L / 35.371666666667, 138.92666666667 |
País | Xapón |
Data | 24 de outubro de 1976 |
Competición | |
Primeiro posto | Mario Andretti |
Pole position | Mario Andretti |
Volta máis rápida | Jacques Laffite |
O Gran Premio do Xapón de Fórmula 1 de 1976,[1] celebrouse en Fuji o 24 de outubro de 1976. Como nota curiosa da carreira anunciouse que a volta máis rápida a establecera Masahiro Hasemi na volta 25, pero foi un erro de medición, e, varios días máis tarde, o circuíto emitiu un comunicado de prensa para corrixir o titular da volta máis rápida da carreira, foi Jacques Laffite cun tempo de 1:19.97 na volta 70.[2] Esta versión foi coñecida de inmediato no Xapón, e a Federación Xaponesa do Automóbil (JAF) e os medios de comunicación xaponeses corrixiron o rexistro.[3][4] Pero esta corrección non se coñecía fóra do Xapón, polo tanto, Hasemi foi tratado como o posuidor do récord de volta rápida da carreira en moitos libros de récords incluíndo a páxina web oficial da Fórmula 1.[5]
O Campionato do Mundo de 1976 íase a decidir no circuíto de Monte Fuji, con Niki Lauda só tres puntos por diante de James Hunt logo dunha tempada chea de incidentes, incluíndo accidente case fatal de Lauda en Nürburgring e a perda posterior de carreiras.
Mario Andretti logrou a pole position no Lotus 77 con Hunt no segundo lugar e Lauda terceiro. Logo veu John Watson, Jody Scheckter, Carlos Pace, Clay Regazzoni e Vittorio Brambilla. O top 10 foi completado por Ronnie Peterson e Hasemi.
O día da carreira, o tempo era moi húmido coa néboa e a auga correndo, en varios puntos da pista. Houbo intensos debates en canto a si debíase iniciar a carreira, ao final os organizadores decidiron seguir adiante aínda que a maioría dos pilotos non estaban de acordo. Algúns pilotos, incluíndo Niki Lauda, non estaban contentos coa decisión.
James Hunt tomou a dianteira desde o principio con John Watson e Mario Andretti atrás. Na segunda volta, Watson saíuse por unha vía de escape e Lauda entrou co coche a boxes para retirarse, xa que cría que as condicións climáticas facían a pista demasiado perigosa. Máis tarde dixo "a miña vida vale máis que un título". Larry Perkins tomou unha decisión similar logo dunha volta como o fixeron Carlos Pace e Emerson Fittipaldi posteriormente na carreira.
Hunt seguiu á fronte, detrás del o segundo lugar alternábase entre Andretti e Brambilla. Na volta 22 Brambilla loitaba polo liderado, pero trompeou. Jochen Mass tomou o segundo lugar, o que prometía un 1-2 de McLaren pero estrelouse na volta 36 e así Patrick Depailler subiu ao segundo lugar con Andretti terceiro.
Parecía unha vitoria fácil para Hunt, pero a medida que a pista comezou a secarse empezou a perder posicións. Só necesitaba un cuarto posto para gañar o título, debido á retirada de Lauda. Na volta 62 Hunt quedou atrás de Depailler e Andretti, pero dúas voltas máis tarde o pneumático traseiro esquerdo de Depailler comezou a desinflarse e tivo que entrar en boxes. Andretti púxose por diante, pero daquela Hunt tivo un problema similar nos pneumáticos. Hunt entrou en boxes, caeu ao quinto lugar por detrás de Andretti, Alan Jones, Regazzoni e Depailler. Depailler superou aos dous pilotos na volta 70 e na seguinte volta Hunt fixo o mesmo rematando terceiro e gañando o Campionato do Mundo de Pilotos, para a súa sorpresa.
Ferrari gañou o campionato mundial de construtores a pesar da retirada de Lauda.
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 5 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 73 | 1:43:58.86 | 1 | 9 |
2 | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 72 | + 1 volta | 13 | 6 |
3 | 11 | James Hunt | McLaren-Ford | 72 | + 1 volta | 2 | 4 |
4 | 19 | Alan Jones | Surtees-Ford | 72 | + 1 volta | 20 | 3 |
5 | 2 | Clay Regazzoni | Ferrari | 72 | + 1 volta | 7 | 2 |
6 | 6 | Gunnar Nilsson | Lotus-Ford | 72 | + 1 volta | 16 | 1 |
7 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Matra | 72 | + 1 volta | 11 | |
8 | 24 | Harald Ertl | Hesketh-Ford | 72 | + 1 volta | 22 | |
9 | 18 | Noritake Takahara | Surtees-Ford | 70 | + 3 voltas | 24 | |
10 | 17 | Jean-Pierre Jarier | Shadow-Ford | 69 | + 4 voltas | 15 | |
11 | 51 | Masahiro Hasemi | Kojima-Ford | 66 | + 7 voltas | 10 | |
Ret | 3 | Jody Scheckter | Tyrrell-Ford | 58 | Temperatura | 5 | |
Ret | 21 | Hans Binder | Wolf-Williams-Ford | 49 | Roda | 25 | |
Ret | 16 | Tom Pryce | Shadow-Ford | 46 | Potencia | 14 | |
Ret | 9 | Vittorio Brambilla | March-Ford | 38 | Eléctrico | 8 | |
Ret | 34 | Hans Joachim Stuck | March-Ford | 37 | Eléctrico | 18 | |
Ret | 12 | Jochen Mass | McLaren-Ford | 35 | Accidente | 12 | |
Ret | 28 | John Watson | Penske-Ford | 33 | Motor | 4 | |
Ret | 52 | Kazuyoshi Hoshino | Tyrrell-Ford | 27 | Pneuma. | 21 | |
Ret | 20 | Arturo Merzario | Wolf-Williams-Ford | 23 | Caixa de cambios | 19 | |
Ret | 30 | Emerson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 9 | Retirado | 23 | |
Ret | 8 | Carlos Pace | Brabham-Alfa Romeo | 7 | Retirado | 6 | |
Ret | 1 | Niki Lauda | Ferrari | 2 | Retirado | 3 | |
Ret | 7 | Larry Perkins | Brabham-Alfa Romeo | 1 | Retirado | 17 | |
Ret | 10 | Ronnie Peterson | March-Ford | 0 | Motor | 9 | |
NTS | 21 | Masami Kuwashima | Wolf-Williams-Ford | ||||
NSC | 54 | Tony Trimmer | Maki-Ford |
|
|
Carreira anterior: Gran Premio dos Estados Unidos de 1976 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1976 |
Carreira seguinte: Gran Premio da Arxentina de 1977 |
Carreira anterior: Gran Premio do Xapón de 1975 |
Gran Premio do Xapón | Carreira seguinte: Gran Premio do Xapón de 1977 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Xapón de 1976 |