Nome oficial | XIX United States Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio dos Estados Unidos |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1976 |
Distancia do evento | 59 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Watkins Glen (Dix (en) ) 42°20′13″N 76°55′38″O / 42.336944444444, -76.927222222222 |
País | Estados Unidos de América |
Data | 10 de outubro de 1976 |
Competición | |
Primeiro posto | James Hunt |
Pole position | James Hunt |
O Gran Premio dos Estados Unidos de 1976 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 10 de outubro de 1976 no circuíto de Watkins Glen. Foi a 15ª carreira da tempada de Fórmula Un de 1976, e o 26º Gran Premio dos Estados Unidos desde o primeiro Gran Premio de América que se celebrou en 1908 e a 19º desde o primeiro Gran Premio dos Estados Unidos en Riverside de 1958.
O austríaco Niki Lauda chegou aos Estados Unidos para a penúltima carreira de 1976 cunha vantaxe no campionato de pilotos de oito puntos sobre o británico James Hunt. Lauda lograra comodamente cinco vitorias nas nove primeiras carreiras da tempada, antes do seu terrible accidente e que a piques estivo de custarlle a vida en Nürburgring en agosto. Hunt logo gañou tres das seguintes cinco carreiras, incluíndo Alemaña onde Lauda resultou ferido. Lauda recuperouse rapidamente para competir en Italia e Canadá (gañado por Hunt), pero a loita polo título estaba moi interesante.
Hunt e Patrick Depailler, que pilotaba un dos Tyrrell de seis rodas, loitaban pola pole, cando Depailler marchaba detrás do McLaren de Hunt, unha botella de aire do compresor de arranque do McLaren caeuse e golpeou as dúas rodas dianteiras esquerdas do Tyrrell e o monocasco. Romperon ambas rodas, e incluso logo de parar para substituílas, a dirección de Depailler estaba fóra de liña, e só puido ser o sétimo máis rápido. Máis tarde, cando Hunt parou nos pits á beira dunha botella de aire de 150 libras, Rob Walker preguntoulle: "¿Foi a que botaches a Depailler?" James respondeu: "Non, a gardamos para Niki o domingo!".
Durante a noite, nevou sobre o circuíto, pero finalmente o domingo saíu o sol e quentou a pista para os máis de 100.000 espectadores, que acudiron a ver a batalla polo campionato. No semáforo, Scheckter saíu por diante de Hunt e chegou á primeira curva. Eran seguidos por Brambilla, Peterson, Lauda, Depailler, o Penske de John Watson, o Lotus de Mario Andretti e o Ligier de Jacques Laffite.
Scheckter e Hunt comezou a afastarse de inmediato, co Tyrrell 2´5 segundos por diante logo de cinco voltas. Logo de catro voltas, Lauda pasou a terceira posición, 5´8 segundos por detrás de Hunt. Mentres tanto, unha batalla estábase librando no cuarto lugar entre Brambilla, Peterson, Laffite, Carlos Pace, Watson, Clay Regazzoni, Andretti e Jochen Mass. Hans-Joachim Stuck, que desperdiciara o sexto lugar da pole, loitaba para chegar ao final deste grupo.
Por detrás, na volta 15, o Ensign de Jacky Ickx saíuse na curva 6. O coche golpeou a barreira Armco de fronte volvendo de novo á pista en chamas. Ickx saíu dos restos da cabina e coxeou ata o céspede, onde se derrubou con lesións en ambas pernas e os nocellos. Foi incriblemente afortunado de saír vivo; Emerson Fittipaldi, marchaba detrás, dixo que era un dos peores accidentes que xamais vira, e que puido oír a explosión do coche ao golpear a barreira por encima do ruído do seu motor e a través do seu casco e tapóns para os oídos.
Na parte dianteira, o Tyrrell de Scheckter foi perdendo agarre cando a súa carga de combustible alixerouse, e Hunt marchaba máis rápido no McLaren. A brecha pechouse a 1´3 segundos na volta 29, e a medio segundo na volta 30. Para rematar, na volta 37, na que Hunt ao final da recta de atrás tomou a dianteira. Afastouse por máis de dous segundos nas seguintes dúas voltas, pero na volta 41, falloulle unha marcha na chicane ao tratar de adiantar a algúns dos dobrados, e Scheckter adiantouno de novo. O surafricano mantivo a súa vantaxe ata a volta 46, cando Hunt pasoulle outra vez ao final da recta e tomou a vantaxe definitiva para lograr a súa sexta vitoria da tempada. Tan só a seis voltas do final, na volta 53, Hunt marcou a volta rápida da carreira, xa que Scheckter se asegurou de manter o seu segundo posto.
Lauda, loitando coa sobre viraxe cos pneumáticos duros polo frío, apenas logrou bater a Mass, o compañeiro no equipo McLaren de Hunt na liña de meta para manter a súa terceira posición. O valor do austríaco quedou evidente para os admiradores, fotógrafos e personalidades que o rodeaban cando saíu do seu coche e quitouse o casco para revelar un pasamontañas empapado en sangue. Logrou catro valiosos puntos no Campionato, e chegaba con tres puntos de vantaxe para a seguinte carreira.
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 11 | James Hunt | McLaren-Ford | 1:43.622 | — |
2 | 3 | Jody Scheckter | Tyrrell-Ford | 1:43.870 | + 0.248 |
3 | 10 | Ronnie Peterson | March-Ford | 1:43.941 | + 0.319 |
4 | 9 | Vittorio Brambilla | March-Ford | 1:44.250 | + 0.628 |
5 | 1 | Niki Lauda | Ferrari | 1:44.257 | + 0.635 |
6 | 34 | Hans Joachim Stuck | March-Ford | 1:44.265 | + 0.643 |
7 | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 1:44.516 | + 0.894 |
8 | 28 | John Watson | Penske-Ford | 1:44.719 | + 1.097 |
9 | 16 | Tom Pryce | Shadow-Ford | 1:45.102 | + 1.480 |
10 | 8 | Carlos Pace | Brabham-Alfa Romeo | 1:45.274 | + 1.652 |
11 | 5 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 1:45.311 | + 1.689 |
12 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Matra | 1:45.324 | + 1.702 |
13 | 7 | Larry Perkins | Brabham-Alfa Romeo | 1:45.363 | + 1.741 |
14 | 2 | Clay Regazzoni | Ferrari | 1:45.534 | + 1.912 |
15 | 30 | Emerson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 1:45.646 | + 2.024 |
16 | 17 | Jean-Pierre Jarier | Shadow-Ford | 1:45.979 | + 2.357 |
17 | 12 | Jochen Mass | McLaren-Ford | 1:46.067 | + 2.445 |
18 | 19 | Alan Jones | Surtees-Ford | 1:46.402 | + 2.780 |
19 | 22 | Jacky Ickx | Ensign-Ford | 1:46.605 | + 2.983 |
20 | 6 | Gunnar Nilsson | Lotus-Ford | 1:46.776 | + 3.154 |
21 | 24 | Harald Ertl | Hesketh-Ford | 1:49.418 | + 5.796 |
22 | 25 | Alex Ribeiro | Hesketh-Ford | 1:49.669 | + 6.047 |
23 | 21 | Warwick Brown | Wolf-Williams-Ford | 1:51.124 | + 7.502 |
24 | 18 | Brett Lunger | Surtees-Ford | 1:51.373 | + 7.751 |
25 | 20 | Arturo Merzario | Wolf-Williams-Ford | 2:00.932 | + 17.310 |
26 | 38 | Henri Pescarolo | Surtees-Ford | 2:05.211 | + 21.589 |
27 | 39 | Otto Stuppacher | Tyrrell-Ford | 2:11.070 | + 27.448 |
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 11 | James Hunt | McLaren-Ford | 59 | 1:42:40.742 | 1 | 9 |
2 | 3 | Jody Scheckter | Tyrrell-Ford | 59 | + 8.030 sec | 2 | 6 |
3 | 1 | Niki Lauda | Ferrari | 59 | + 1:02.324 | 5 | 4 |
4 | 12 | Jochen Mass | McLaren-Ford | 59 | + 1:02.458 | 17 | 3 |
5 | 34 | Hans Joachim Stuck | March-Ford | 59 | + 1:07.978 | 6 | 2 |
6 | 28 | John Watson | Penske-Ford | 59 | + 1:08.190 | 8 | 1 |
7 | 2 | Clay Regazzoni | Ferrari | 58 | + 1 volta | 14 | |
8 | 19 | Alan Jones | Surtees-Ford | 58 | + 1 volta | 18 | |
9 | 30 | Emerson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 57 | + 2 voltas | 15 | |
10 | 17 | Jean-Pierre Jarier | Shadow-Ford | 57 | + 2 voltas | 16 | |
11 | 18 | Brett Lunger | Surtees-Ford | 57 | + 2 voltas | 24 | |
12 | 25 | Alex Ribeiro | Hesketh-Ford | 57 | + 2 voltas | 22 | |
13 | 24 | Harald Ertl | Hesketh-Ford | 54 | + 5 voltas | 21 | |
14 | 21 | Warwick Brown | Wolf-Williams-Ford | 54 | + 5 voltas | 23 | |
NC | 38 | Henri Pescarolo | Surtees-Ford | 48 | 26 | ||
Ret | 16 | Tom Pryce | Shadow-Ford | 45 | Motor | 9 | |
Ret | 9 | Vittorio Brambilla | March-Ford | 34 | Pneu. | 12 | |
Ret | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Matra | 34 | Pneu. | 4 | |
Ret | 8 | Carlos Pace | Brabham-Alfa Romeo | 31 | Colisión | 10 | |
Ret | 7 | Larry Perkins | Brabham-Alfa Romeo | 30 | Suspensión | 13 | |
Ret | 5 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 23 | Suspensión | 11 | |
Ret | 22 | Jacky Ickx | Ensign-Ford | 14 | Accidente | 19 | |
Ret | 6 | Gunnar Nilsson | Lotus-Ford | 13 | Motor | 20 | |
Ret | 10 | Ronnie Peterson | March-Ford | 12 | Suspensión | 3 | |
Ret | 20 | Arturo Merzario | Wolf-Williams-Ford | 9 | Accidente | 25 | |
Ret | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 7 | Tubo combustible | 7 | |
NSC | 39 | Otto Stuppacher | Tyrrell-Ford | - |
|
|
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 1976 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1976 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Xapón de 1976 |
Carreira anterior: Gran Premio dos Estados Unidos de 1975 |
Gran Premio dos Estados Unidos | Carreira seguinte: Gran Premio dos Estados Unidos de 1977 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio dos Estados Unidos de 1976 |