Granat | |
---|---|
Granat | |
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | CNRS / IKI |
Destino actual | Reentrado na atmosfera. |
Data de lanzamento | 1 de decembro de 1989[1][2][3] |
Foguete portador | Proton K/D-1[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][5] |
Obxectivo da misión | Observacións astronómicas en raios gamma e raios X.[2][5] |
Decaemento | 25 de maio de 1999 |
NSSDC ID | 1989-096A |
Masa | 900 kg[2] |
Dimensións | 2,5 m de diámetro por 4 m de alto.[2] |
Granat, tamén coñecido como Astron 2, foi un observatorio espacial soviético con colaboración francesa, polaca e danesa lanzado o 1 de decembro de 1989 mediante un foguete Proton K/D-1 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][4]
Granat estaba adicado a facer observacións astronómicas en raios X e raios gamma. Tiña 4 metros de longo e medía 2,5 metros de diámetro. A alimentación eléctrica viña proporcionada por dous paneis solares que se estendían ós lados do corpo principal.[2][4]
Granat reentrou na atmosfera o 25 de maio de 1999.[1]
O instrumento principal era o telescopio Sigma de raios gamma, de 3,5 metros de longo e 1,2 metros de diámetro, cun campo de visión de 4,45x4,20 graos. O observatorio levaba ademais un espectroscopio e un telescopio de raios X.[2][4]