Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de agosto de 1961 (63 anos) Perth, Australia |
Datos persoais | |
Residencia | Perth |
País de nacionalidade | Australia |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Universidade de Australia Occidental - matemáticas |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Ciencia ficción |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios
| |
Páxina web | gregegan.net |
Greg Egan, nado o 20 de agosto de 1961 en Perth, é un escritor australiano de ficción científica.
Egan publicou o seu primeiro traballo en 1983.[1] Está especializado en historias de ciencia ficción dura con temas matemáticos e de ontoloxía cuántica, incluíndo a natureza da consciencia. Outros temas son a xenética, a realidade simulada, o post-humanismo, a transferencia da mente, a sexualidade, a intelixencia artificial, e a superioridade do naturalismo racional sobre a relixión. É coñecido pola súa tendencia a tratar con materias tecnicamente complexas, como conceptos innovadores en física ou o problema da epistemoloxía, dun xeito directo e desinhibido. É gañador dun premio Hugo (e finalista dos Hugo con outros oito traballos), e tamén gañou un premio John W. Campbell Memorial á mellor novela.[2] Os seus primeiros relatos contiñan profusión de elementos de terror.
Os relatos curtos de Egan teñen sido publicados en varias revistas do xénero, incluíndo publicacións regulares en Interzone e en Asimov's Science Fiction.
Egan é licenciado en matemáticas pola Universidade de Australia Occidental, e actualmente vive en Perth. Recentemente participou en campañas contra a práctica habitual, e sancionada pola lei, da detención automática dos solicitantes de asilo político nas aduanas de Australia.[3] Egan é vexetariano.[4]
Egan nunca asiste ás convencións de ficción científica,[5] non asina libros, e a súa imaxe non aparece en Internet,[6] aínda que en páxinas web adicadas á ficción científica ou no buscador Google [7] se teñan publicado fotos de xente co mesmo nome etiquetadas erroneamente como fotos de Greg Egan.
Egan achega ocasionalmente mensaxes en varios grupos de Usenet, sobre todo científicos e técnicos, usando o seu propio nome. De decembro de 1994 a setembro de 1999 contribuíu regularmente no grupo rec.arts.sf.written, entrando en diálogo cos seus lectores acerca das súas obras e da ficción científica en xeral.