Grego chipriota

Historia da
lingua grega

(ver tamén: alfabeto grego)
Protogrego (c. –2000)
Micénico (c. -1600-1100)
Grego antigo (c. –800-300)
Dialectos:
Eolio, Arcadochipriota, Ático,
Dórico, Macedonio, Xónico
Koiné (desde c. -300)
Grego bizantino (c. -3301453)
Grego moderno (desde 1453)
Dialectos:
Capadocio, Chipriota,
Demótico, Griko, Katharevousa,
Póntico, Tsakonio, Ievánico

O dialecto grego chipriota do grego moderno é falado por máis de medio millón de persoas en Chipre e varios centos de miles fóra da illa. Nunca é empregado na escrita formal pero é a lingua falada cotiá de case todos os greco-chipriotas. Hai momentos específicos nos que se pide ou se considera educado falar grego estándar, como nas clases (pero non durante os recreos), no parlamento, nos medios de comunicación, e na presenza de estranxeiros que falen grego. Hai diglosia (no senso lingüístico) entre dhimotiki e o dialecto.

Historia e literatura

[editar | editar a fonte]

O dialecto chipriota moderno non é unha evolución do antigo dialecto Arcado-chipriota, senón que evoluciona desde a koiné. Chipre estivo separada do resto do mundo gregofalante desde o século VII ata o X por causa dos ataques árabes. Foi reintegrada ao Imperio Romano de Oriente no século X, só para ser illada de novo en 1191, cando caeu nas mans dos cruzados. Este illamento lingüístico preservou certa cantidade de características áticas que se perderon en grego moderno.

A lexislación do reino de Chipre na Idade Media escribíase no dialecto. Outras obras medievais importantes son as crónicas de Leontios Makhairas e George Boustronios, así como unha colección de sonetos ao modo de Francesco Petrarca.

Hoxe, o dialecto emprégase sobre todo en poesía, incluíndo obras de grandes poetas como Vasilis Mihailidis ou Dimitris Lipertis.

Características

[editar | editar a fonte]

No dialecto, as consoantes dobres pronúncianse distintas das simples (fronte ao grego moderno estándar). Outra característica é a ampla palatalización: grego estándar /k/ vólvese /dj/ cando vai seguido por /e/ ou /i/. Exemplo: grego estándar και /ke/ (‘’e’’) chipriota τζιαι /dje/.

Pero esta é unha regra enganosa (contraexemplos:κηδεία, κέρδος, άκυρο, ρακέττα).

Sindihaneis/laleeis (chipriota)=milas (grego). grego=Ellinas (grego) = Kalamara (chipriota).

O léxico chipriota moderno contén préstamos do turco, árabe, inglés, italiano e outras linguas, así como palabras propias de Chipre.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]