Grupo Folha | |
---|---|
Sede do grupo en São Paulo. | |
Tipo | Empresa de capital fechado [1] |
Fundación | 1921 |
Localización | São Paulo |
Persoas clave | Octávio Frias de Oliveira (fundador) Luiz Frias (presidente) |
Industria | Medios de cominicación |
Produtos | Periódicos e Internet |
Beneficio | 2,7 mil millóns de R$ (2010) |
Beneficio neto | 600,0 millóns de R$ (2010) |
Número de empregados | 7 000 |
Na rede | |
http://www1.folha.uol.com.br/institucional/en | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Grupo Folha é un conglomerado de cinco empresas brasileiras de Medios de cominicación, fundado polo empresario Octavio Frias de Oliveira (1912-2007) e dirixido polo seu fillo Luiz Frías desde 1992.[2]
Na última década o grupo case triplicou a súa facturación, chegando aos 2 700 millóns de reais en 2010. O lucro antes de descontar os intereses, impostos, depreciacións e amortizacións (EBITDA) alcanzou os 600 millóns de reais.[3]
O grupo publica o xornal de maior circulación do Brasil, a Folha de S. Paulo (en portugués, Folha de S. Paulo) que, desde 1986 mantén o liderado entre os diarios nacionais de interese xeral.[4]
En febreiro de 2012, este periódico ampliou o seu liderado entre os diarios de prestixio no Brasil, con 297 500 exemplares en circulación, media diaria do mes, situándose nun 12 % por diante do carioca O Globo, e nun 20,3 % por riba de O Estado de S. Paulo.[5]
Ademais da Folha, o grupo publica o periódico Agora São Paulo e ten un 50 % de participación no diario Valor Econômico, en sociedade co Grupo Globo. Os dous son líderes de circulación nas áreas de periodismo popular e periodismo económico, respectivamente.
En setembro de 2016 o Grupo Globo comprou a última parte do Grupo Folha e pasou a ser o único dono do diario Valor Econômico.[6]
Nos sectores de distribución e impresión, o Grupo Folha conta coas unidades de negocio Transfolha e Folhagráfica. Tamén posúe participacion accionarial nas empresas Plural e SPDL. A Plural é resultado dunha joint-venture coa estadounidense Quad/Graphics e co control do Grupo Folha.
A SPDL é unha asociación entre os grupos Folha (50 %) e Estado (50 %) e distribúe os xornais das dúas empresas.[7] Tamén fan parte do Grupo Folha o Datafolha, un dos principais institutos de investigación sociolóxica do país; a editora Publifolha; o selo Três Estrelas, lanzado en 2012 para publicar libros nas áreas de humanidades, e a axencia de noticias Folhapress.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Grupo Folha |