Unha gráfica (ou gráfico, ou diagrama) é unha representación gráfica para a visualización de datos, na que "os datos represéntanse mediante símbolos, como barras nun gráfico de barras, liñas nun gráfico de liñas ou sectores nunha gráfica circular".[1] Unha gráfica pode representar datos numéricos tabulares, funcións ou algún tipo de estrutura de calidade e proporciona diferentes tipos de información.
As gráficas úsanse a miúdo para facilitar a comprensión de grandes cantidades de datos e as relacións entre partes dos datos. Algúns tipos de gráficas son máis útiles para presentar un conxunto de datos determinado que outros. Por exemplo, os datos que presentan porcentaxes en diferentes grupos (como "satisfeito, non satisfeito, non o sei") adoitan mostrarse nun gráfica circular, mais quizais se entendan máis facilmente cando se presentan nun diagrama de barras horizontais. Por outra banda, os datos que representan números que mudan durante un período de tempo (como "ingresos anuais de 1990 a 2000") poderían mostrarse mellor como un gráfico de liñas.
Unha gráfica pode adoptar unha gran variedade de formas. Non obstante, hai características comúns que proporcionan á gráfica a súa capacidade para extraer significado dos datos.
Un dos textos máis importantes nunha gráfica é o título. O título dunha gráfica adoita aparecer na parte superior e ofrece unha descrición sucinta do que se refiren os datos.
As dimensións dos datos adoitan mostrarse en eixos. Se se usa un eixo horizontal e outro vertical, adoitan denominarse eixo x e eixo y. Cada eixo terá unha escala, denotada mediante graduacións periódicas e normalmente acompañada de indicacións numéricas ou de categorías. Normalmente, cada eixo tamén terá unha etiqueta que se mostra no exterior ou ao seu carón, que describe brevemente a dimensión representada. Se a escala é numérica, a etiqueta adoita ser sufixada coa unidade desa escala entre parénteses. Por exemplo, "Distancia percorrida (m)" é unha etiqueta típica do eixo x e significaría que a distancia percorrida, en unidades de metros, está relacionada coa posición horizontal dos datos dentro da gráfica.
Dentro do gráfico, pode aparecer unha cuadrícula de liñas para axudar ao aliñamento visual dos datos.
Os datos dunha gráfica poden aparecer en todo tipo de formatos e poden incluír etiquetas de texto individuais que describen o dato asociado á posición indicada na gráfica.
Cando os datos que aparecen na gráfica conteñen varias variábeis, pode incluír unha lenda (tamén coñecida como clave). Unha lenda contén unha lista das variábeis que aparecen na gráfica e un exemplo da súa aparencia. Esta información permite identificar na gráfica os datos de cada variábel.
Catro das gráficas máis comúns son:
Estas imaxes mostran:
Outras gráficas comúns son:
Algúns gráficos específicos fixéronse ben coñecidos ao explicar eficazmente un fenómeno ou idea.
Aínda que as gráficas poden ser debuxados a man, a miúdo úsase software informático para producir automaticamente unha gráfica baseada nos datos introducidos. Por exemplo en Java temos:
En liña:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gráfica |