Os gránulos de Schüffner son gránulos irregulares que se encontran en eritrocitos de preparacións hematolóxicas en casos de malaria,[1] exclusivamente en infeccións causadas polos protozoos das especies Plasmodium ovale ou Plasmodium vivax.[2]
Plasmodium vivax induce alteracións morfolóxicas nos eritrocitos infectados do hóspede, que son visibles con microscopio óptico en frotis de sangue con tinguidura Romanowsky como múltiples puntos de cor vermella ladrillo. Estes cambios morfolóxicos, denominados gránulos ou puntos de Schüffner, son importantes na identificación desta especie de parasitos da malaria e foron asociados por microscopia electrónica con complexos de caveolavesiculas no plasmalema do eritrocito.[3][4]
Reciben o seu nome en honra de Wilhelm Schüffner, que os describiu en 1904.[5]
![]() |
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |