![]() (2018) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de maio de 1973 ![]() Cidade de México ![]() |
Educación | Facultade de Filosofía e Letras da UNAM École des hautes études en sciences sociales (pt) ![]() ![]() |
Director de tese | Philippe Roger (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | novelista, escritora ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Sitio web | guadalupenettel.com… ![]() |
![]() ![]() |
Guadalupe Nettel,[1] nada na Cidade de México o 27 de maio de 1973, é unha escritora mexicana, gañadora do premio de Narrativa Breve Ribera del Duero co libro de contos El matrimonio de los peces rojos (2013) e do Premio Herralde de novela con Después del invierno (2014). A súa obra foi traducida a 17 linguas.[2] Obtivo un doutoramento en Ciencias da Linguaxe na EHESS de París. Colaborou en revistas e publicacións como Granta, The White Review, El País, The New York Times en español, La Repubblica e La Stampa, entre outras. É directora da Revista da Universidade de México da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM).
Pasou parte da súa infancia no sur de Francia.[3] Desde moi pequena padeceu problemas oculares, entre eles nistagmo e cataratas, así como unha mancha arriba dunha das súas córneas. Por mor destas condicións sufriu acoso escolar, feito que, de acordo a Nettel, foi unha das razóns que a levaron a refuxiarse nos libros e empezar a escribir.[4]
Antes de terminar os seus estudos secundarios, que realizou no Liceo Franco Mexicano,[5] obtivo, aos 17 anos, o premio Punto de Partida, organizado pola dirección de literatura da UNAM (1991) e aos 18 o segundo lugar no Grand Prix International a la Meilleure Nouvelle de Langue Française para países non francófonos, organizado por Radio Francia Internacional (1991). Estudou Letras Hispánicas na Facultade de Filosofía e Letras da UNAM[1] e máis tarde fixo un doutoramento en Ciencias da Linguaxe pola École des Hautes Études en Sciences Sociais de París.[3]
En 2007 foi seleccionada polo Hay Festival como unha das autoras de Bogotá 39. Desde 2017 dirixe a Revista de la Universidade de México[6].
Guadalupe Nettel escribiu libros de diferentes xéneros: conto, novela e ensaio. En 2006 publicou a novela El huésped (finalista do Premio Herralde 2005). En 2008 publicou o libro de contos Pétalos y otras historias incómodas. Despois a novela El cuerpo en que nací (2011). En 2013 obtivo o Premio Internacional de Narrativa Breve Ribera del Duero co libro El matrimonio de los peces rojos[3][7] e en 2014 o Premio Herralde de Novela con Después del invierno.[8]
Tamén publicou Para entender a Julio Cortázar, un ensaio curto sobre Julio Cortázar e o ensaio Octavio Paz, las palabras en libertad (Taurus-Colmex) sobre Octavio Paz.
Recibiu outros recoñecementos como o Premio Anna Seghers (2009), o premio franco-mexicano Antonin Artaud (2008), o Premio Nacional de Cuentos Gilberto Owen (2007), o Prix Radio France Internationale (1993) e o Premio Punto de Partida (1992).[9][10]
Participou co conto "Fenêtre" no proxecto In my Room, dirixido pola artista multimedia Agnès De Cayeux no Centro Georges Pompidou e adaptado pola cadea de televisión ARTE.[11]
Entre as recensións dedicadas á súa obra cabe destacar: «Guadalupe Nettel revela a beleza subliminar que hai nos seres de comportamentos estraños e sonda minuciosamente a intimidade da súa alma» (Le Magazine Littéraire); «Os lectores avezados gozarán desa nova voz literaria, tan sofisticada como orixinal, no panorama das letras latinoamericanas» (Arcadia, Colombia); «Unha das máis singulares escritoras mexicanas» (J. A. Masoliver Ródenas, La Vanguardia); «A mirada que pousa sobre as loucuras suaves ou destrutoras, as teimas, as desviacións é dunha agudeza tal que nos remite ás nosas propias obsesións» (Xavier Houssin, Le Monde)
Predecesor: Marcos Giralt Torrente El final del amor |
Premio Internacional de Narrativa Breve Ribera del Duero 2013 El matrimonio de los peces rojos |
Sucesor: Samanta Schweblin Siete casas vacías |
Predecesor: Álvaro Enrigue Muerte súbita |
Premio Herralde de Novela 2014 Después del invierno |
Sucesor: Marta Sanz Farándula |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guadalupe Nettel |