Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamento | Cundinamarca | |||
Provincia | Bajo Magdalena (pt) ![]() ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 41.142 ![]() | |||
Xeografía | ||||
Bañado por | Río Magdalena ![]() | |||
Altitude | 992 m ![]() | |||
Creación | 1572 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | guaduas-cundinamarca.gov.co… ![]() |
Guaduas, cuxo nome colonial é Villa de San Miguel de Guaduas, é un concello colombiano que se atopa no departamento de Cundinamarca. Forma parte da provincia do Bajo Magdalena, da que é a capital.[1]
O sector antigo da cidade é un dos trece centros históricos que foron declarados monumentos nacionais en 1959.[2]
O topónimo «Guaduas» fai referencia á guadua, tamén coñecida como cañaza ou tacuara, un xénero de bambú americano.
En 1806, a guadua foi descrita por Alexander von Humboldt e Aimé Bonpland, quen viron esta planta en Colombia e chamárona Bambusa guadua; logo, en 1822 foi clasificada por Carl Sigismund Kunth como Guadua angustifolia. Considérase como unha das plantas nativas máis representativas dos bosques andinos.
Na época precolombiana, o "Valle de las Guaduas" estivo habitado polos indíxenas panches, cuxo asento principal eran os casaríos de Machuca e Calambata, ou "Pueblo de Panches", como se chamou despois, o cal sobreviviu varios anos na categoría de viceparroquia.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guaduas ![]() |