Guerino Vanoli Basket

Vanoli Cremona
Información xeral
Liga Serie A2
Fundación 1999
Historia Gruppo Triboldi Basket (1999–2011)
Cores           Branco, azul
Presidente Italia Aldo Vanoli
Adestrador Italia Paolo Galbiati
Patrocinador Vanoli
Localización
Cidade Italia Cremona, Italia
Pavillón PalaRadi
Capacidade 3 519
Inauguración 1980
Campionatos
Copa 1 (2019)
vanolibasket.com

O Guerino Vanoli Basket, tamén coñecido como Vanoli Cremona por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Cremona, Lombardía. Fundado en 1999 como Gruppo Triboldi Basket, actualmente compite na Serie A2, a segunda categoría do baloncesto transalpino.

O U.S. Gruppo Triboldi Basket foi fundado no ano 1999 en Soresina (Provincia de Cremona) por Secondo Triboldi. O equipo, con Simone Lottici como adestrador, pronto acadou a Serie B d’Eccellenza, a terceira máxima categoría do baloncesto italiano. Debido á falta dun pavillón axeitado, o club trasladouse a un estadio cuberto situado nas proximidades, o Cà de Somenzi de Cremona, aínda que o club mantivo a súa sede en Soresina. Despois de cinco temporadas no terceiro nivel, na temporada 2005-06 o equipo consegue o ascenso á LegaDue con Andrea Trinchieri no banco, acabando de primeiros do Grupo A e vencendo nas eliminatorias ao Cento,ao Forlì e ao Osimo. No seu primeiro ano na LegaDue, o equipo remata en cuarto lugar, sendo eliminado na primeira rolda do playoff de ascenso á Serie A na primeira rolda polo Pavia. Tras finalizar a temporada, Trinchieri deixa o seu posto de adestrador para traballar no Juvecaserta, sendo substituído por Stefano Cioppi. Despois de finalizar en quinto lugar ao ano seguinte e de ser eliminados precisamente polo Juvecaserta nas semifinais polo ascenso, sería na seguinte temporada cando o club acada a máxima categoría. Isto sería tras finalizar de terceiros na fase regular e despois de eliminar nos playoffs ao Pavia, ao Casale Monferrato e ao Dinamo Sassari.[1]

Despois do ascenso á Serie A, algúns dos dirixentes do Juvi Cremona entraron no club. De feito, a sede do club foi trasladada de Soresina a Cremona. Ao final da primeira temporada na máxima categoría, o equipo finaliza na décimo terceira praza. Ao finalizar a temporada 2010-11, tras finalizar no duodécimo posto, o presidente Secondo Triboldi dimite do seu cargo e ofrece gratuítamente as súas participacións no club. En setembro, Aldo Vanoli convértese no novo presidente do club, mudando o nome do equipo a Guerino Vanoli Basket na honra do seu pai.

Patrocinadores

[editar | editar a fonte]

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Tamoil Soresina (1999–2003)
  • Vanoli Soresina (2003–2009)
  • Vanoli Cremona (2009–2010)
  • Vanoli-Braga Cremona (2010–2012)
  • Vanoli Cremona (2012–)

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Competicións domésticas

[editar | editar a fonte]
  • Copa de Italia
    • Campións (1): 2019
  • Segunda División de Italia
    • Campións (1): 2009
  1. "Storia". Vanoli Basket (en italiano). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]