Guerra civil de Perusia | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
|
A guerra civil de Perusia ou guerra de Perusia (tamén coñecida como Bellum Perusinum) foi unha guerra civil entre distintas faccións da república romana, que transcorreu entre o ano 41 a.C. e o 40 a.C. Enfrontou a Lucio Antonio e Fulvia, co apoio de Marco Antonio, contra o seu inimigo político (e futuro emperador Augusto), Octaviano.
Fulvia, quen casara con Marco Antonio durante a guerra civil, sentiu que o seu marido debía gobernar Roma en solitario, no canto de compartir o poder cos outros dous triunviros, en especial Octaviano.
Fulvia e o irmán máis novo de Marco Antonio, Lucio, recrutaron oito lexións en Italia.[1] O exército estableceuse en Roma durante un breve tempo, aínda que logo tivo que replegarse á cidade de Perusia (a actual Perugia). Durante o inverno do 41-40 a.C., o exército de Octaviano, tras un longo asedio, conquistou a cidade que finalmente se rendeu por mor da fame. Nin Fulvia nin Lucio morreron no asedio; a primeira, foi exiliada a Sición e o segundo foi enviado a gobernar unha provincia de Hispania. O resto da poboación da cidade foi masacrada polos soldados de Octaviano.
Fulvia morreu no 40 a.C., e coa súa morte retornou a paz entre Marco Antonio e Octaviano coa firma do tratado de Brindisi. A paz, con todo, durou moi pouco, xa que outra guerra civil estalou oito anos máis tarde.