Guilhermina Suggia

Modelo:BiografíaGuilhermina Suggia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Guilhermina Augusta Xavier de Medin Suggia Editar o valor en Wikidata
27 de xuño de 1885 Editar o valor en Wikidata
Porto (Reino de Portugal) Editar o valor en Wikidata
Morte30 de xullo de 1950 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Porto, Portugal Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Superior de música e arte dramática Felix Mendelssohn Bartholdy (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónvioloncellista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1895 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJulius Klengel (pt) Traducir e Pau Casals Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVioloncello Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJosé Casimiro Carteado Mena Editar o valor en Wikidata
ParellaPau Casals (1906–1912) Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX4780338 Musicbrainz: 8a06e579-261d-42ed-8539-1470dacd10ef Discogs: 2487971 Allmusic: mn0001689243 WikiTree: Xavier_Medim_Suggia_Carteado_Mena-1 Editar o valor en Wikidata


Guilhermina Augusta Xavier de Medin Suggia, nada en Porto o 27 de xuño de 1885 e finada na mesma cidade o 30 de xuño de 1950, foi unha violoncellista portuguesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou en Leipzig con Julius Klengel. Dende 1907 ata 1913 viviu e traballou en París co seu colega violoncellista Pau Casals, con quen non estivo casada como ás veces se afirma (o seu marido foi José Casimiro Carteado Mena, co que non tivo descendencia). A partir de 1914 desenvolveu unha carreira espectacular, sobre todo en Londres e Portugal. Actuou no Teatro Odeón de Vigo o 14 e 15 de abril de 1924[1].

Visitou frecuentemente o castelo de Lindisfarne, onde hoxe se exhibe o seu violoncello en lembranza das tempadas que pasou alí. Deu o seu derradeiro concerto na Gran Bretaña no Festival de Edimburgo en 1949.

Probablemente a imaxe máis famosa da Guilhermina Suggia é o retrato ao óleo realizado polo artista galés Augustus John. Este retrato foi comezado en 1920 e non se rematou ata 1923. Aparentemente Suggia está executando unha Suites para violoncello só de Johann Sebastian Bach. O retrato foi exhibido no instituto Carnegie de Pittsburg en 1924, sendo mercado por un estadounidense, pero logo foi regresado a Inglaterra e presentado na Tate Gallery. As medidas do retrato son 186x185 cm.

Recoñecemento

[editar | editar a fonte]

A sala de concertos da Casa da Música do Porto leva o seu nome.[2]

  1. "El último concierto de la Suggia". Galicia. 16 de abril de 1924. 
  2. Costa, Xoán. "A muller que colocaba o instrumento entre as pernas, por Xoán Costa". Sermos Galiza. Consultado o 5 de xullo de 2019.