Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IX |
Morte | 895 York, Reino Unido |
Lugar de sepultura | Catedral de Iorque (pt) |
Rei de Northumbria | |
883 (Gregoriano) – 895 (Gregoriano) ← Halfdan Ragnarsson – Sichfrith Jarl (en) → | |
Monarca | |
Guthred (ou Guthfrith) (nórdico antigo: Guðroðr), finado en 895, foi un caudillo viquingo de Northumbria, rei escandinavo de Jórvik cara ao ano 883 até a súa morte[1].
O primeiro rei viquingo de York coñecido foi Halfdan Ragnarsson, expulsado en 877. En 883 Simeón de Durham escribe na súa Historia dos Reis:
Pero na súa Historia da Igrexa de Durham expande a información tras a expulsión de Halfdan:
Durante este tempo o exército [viquingo], así como os habitantes que sobreviviron, estaban sen un rei, inseguros; co cal o bieito San Cuthberht se apareceu nunha visión ao abade Eadred Lulisc do mosteiro de Carlisle<…>[e] dirixiuse a el coas seguintes palabras: - Vai ao exército dos daneses, dixo, e anúncialles que ves como mensaxeiro, e pregunta onde podes atopar un mozo chamado Guthred, fillo de Hardacnut, a quen venderon a unha viúva. Tras atopalo, pagoulle á viúva o prezo da súa liberdade, permitiulle presentalo fronte a todo o exército antes mencionado; e é a miña vontade e desexo, que sexa elixido e nomeado rei en Oswiesdune, (é dicir, o outeiro de Oswin), e permitir que o brazalete se coloque no seu brazo dereito.Simeón de Durham, Historia da Igrexa de Durham, Cap. XXVIII
O historiador medieval Æthelweard, cuxo traballo (o Chronicon) é unha fonte moito máis fiábel sobre o período que a obra de Simeón, recolle en 895:
Obiit et Guthfrid, rex Northhymbriorum, in natalitis sancti Bartholomæi apostoli; cuius mausoleatur Euoraca corpus in urbe in basilica summa.Alí tamén morreu Guthfrith, rei dos northumbrios, na festividade do apóstolo San Bartomeu [24 de agosto]; o seu corpo repousa na cidade de York na igrexa principal.Cuarto libro da Crónica de Aethelweard[2]
Por tanto, Guthred morreu o 24 de agosto de 895 (ou quizais 894) e foi enterrado na antiga igrexa, sede episcopal anterior á catedral de York[3][4].
No entanto non está claro se Guthfrith era cristián, aínda que as súas relacións coa comunidade de San Cuthberht eran cordiais, a cal era unha forza influente na antiga Bernicia, e que permanecera fóra da influencia de Halfdan, cuxa autoridade se limitaba ao antigo reino de Deira. Concedeu moitas terras entre o río Tyne e o río Wear para a comunidade, propiedades que xa pertenceron ao mosteiro de Wearmouth-Jarrow e formaron o núcleo das terras da igrexa de Durham. Outras terras, na desembocadura do río Tees, Guthred permitiu a Eadred adquirilas para a igrexa[3].
Simeón tamén cita que Guthred se enfrontou a unha grande invasión escocesa, que derrotou coa axuda de San Cuthberht[5].
Guthred aparece como personaxe de Crónicas saxoas de Bernard Cornwell, principalmente nos señores do norte (2006)[6].