Guxo | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Liberalismo |
Data de fundación | xaneiro de 2021 |
Fundador(es) | Vjosa Osmani |
Presidente/a | Donika Gërvalla-Schwarz (-) |
Sede | Pristina |
País | Kosovo |
Na rede | |
https://mevjosen.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Guxo! (literalmente Atrévase ! en albanés) é un partido político de Kosovo que creou en novembro de 2020 Vjosa Osmani [1].
O partido presentou candidatos nunha lista común con Vetëvendosje nas eleccións lexislativas de Kosovo de 2021, e logrou sete deputados, entre eles Vjosa Osmani [2]. Dous dos seus parlamentarios uníronse ao goberno de Kurti II como resultado destas eleccións, e os seus escanos, que quedaron vacantes como marca a lei, cubríronos membros de Vetëvendosje segundo a orde que figuraba na lista común, o que reduciu a 5 o número de escanos do partido. Coa elección de Osmani á presidencia en abril de 2021, o número de deputados baixou a 4 [3]e, ao prohibir a constitución que o presidente forme parte dun partido político, Vjosa Osmani deixou o partido e cedeu a dirección a Donika Gërvalla-Schwarz [4].
En febreiro de 2022 rexistrouse formalmente como partido político, ata entón fora unha lista electoral[5].
# | Presidente | Comezo | Fin | Duración | |
---|---|---|---|---|---|
1 | Vjosa Osmani (nada 1982) |
5 de novembro de 2020 | 4 de abril de 2021 | ||
2 | Donika Gërvalla-Schwarz (nada 1971) |
4 de abril de 2021 | Titular | ||
3 | Faton Peci (nado 1982) |
7 de setembro de 2022 | Titular |