Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1929 Plouescat, Francia |
Morte | 6 de febreiro de 2008 (78 anos) Brasparts, Francia |
Educación | Universidade de París |
Actividade | |
Ocupación | Druída, escritor |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Pai | Maurice Le Scouëzec |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Loïc Gwenc'hlan Le Scouëzec (en bretón: Gwenc'hlan ar Skouezeg), nado o 11 de novembro de 1929 en Plouescat e finado en Finistère o 6 de febreiro de 2008,[1] foi un escritor bretón e gran druída da Bretaña.
Gwenc'hlan naceu na Bretaña, Francia. O seu pai era Maurice Le Scouëzec, un pintor. Gwenc'hlan pasou gran parte da súa infancia en Madagascar, París, Landivisiau e Douarnenez, antes de facer os seus estudos secundarios en Saint-Vincent de Pont-Croix, Saint-Yves de Quimper e Saint-Grégoire de Tours, en 1942. Alí, formou parte do movemento scout bretón Bleimor. Estudou historia na La Sorbonne, en París.
Fixo o servizo militar entre 1951 e 1953 na Lexión Estranxeira Francesa en Sidi-bel-Abbès e Daya en Alxeria. Foi chamado pola Lexión Estranxeira Francesa para servir no 5º Rexemento de 1957 a 1958.
Foi mestre de francés en Creta e Atenas dende 1953 até 1957. Despois do seu servizo no exército, fíxose profesor do Instituto de Francia en Atenas, e cando regresou a Francia en Saint-Didier-en-Velay e Versalles.
En 1960, empezou a estudar medicina, conseguindo a distinción da Facultade de Medicina de París. Converteuse en doutor en Quimper (dende 1969 até 1985). Tamén comezou o Skoazell Vreizh, o servizo de emerxencia bretón, xunto con Xavier Grall e Yann Choucq na década de 1970. Participou no "coloquio Bretaña" e autogoberno, en 1973. Escribiu o prefacio doo libro de Morvan Lebesque: "peut-on être breton ? Essai sur la démocratie française" (Podemos ser bretóns? Un ensaio sobre a democracia francesa). En 1985, fundou a editorial Beltan. Tamén promocionou a obra do seu pai, o pintor Maurice Le Scouëzec.
Converteuse en Gran Druída dentro do "Poellgor" (comité executivo de Gorsedd) o 1 de abril de 1979, e máis tarde ascendería a Gran Druída da Bretaña, sucedendo a Pêr Loisel, o 1 de novembro de 1980. A asociación Goursez Vreizh (Gorsedd da Bretaña), tamén coñecida como "Breudeuriezh Drouized, Barzhed hag Ovizion Breizh" en bretón ou "Fraternité des druides, bardes et ovates de Bretagne" en francés (Fraternidade dos Druídas, Bardos e Vates da Bretaña), representa o neodruidismo de xeito regular.
Gwenc'hlan é o quinto Gran Druída da Bretaña, de acordo co Gorsedd. En novembro de 1993, uniuse a un grupo de masóns, formando a "loge maçonnique de la pierre pour ensuite y instaurer le rite maçonnique forestier" (unha loxa masónica da pedra, para preservar os ritos masónicos do bosque).