Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Gales | ||||
Área principal | Sir Ddinbych | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 500 (2011) (28,31 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.765,91 ha | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | LL21 | ||||
Gwyddelwern é unha entidade de poboación de Denbighshire en Gales, antigamente pertencía ao distrito Edeirnion de Merionethshire. A aldea está situada na estrada principal A494 entre Corwen e Bryn Saith Marchog. A igrexa parroquial está so a advocación de san Beuno, que segundo a tradición viviu aquí por un tempo.
O nome deriva de gwyddeli, que significa arbustos, e gwern, ameneiro[1].
O señorío de Gwyddelwern era parte de Powys Fadog, e en 1400 está rexistrado que Tudur Gruffudd ap Fychan, o irmán máis novo de Owain Glyndŵr conquistouno. Había varias canteiras preto da aldea, incluíndo a canteira de granito Wern Ddu e a canteira de arenita Craig Lelo ao norte da aldea, así como canteiras de lousa e chumbo.[2]
Gwyddelwern foi a primeira estación de ferrocarril no val de Edeirnion, inaugurada en 1864 dentro da liña Dinbych, Ruthun e Chorwen. A liña de pasaxeiros pechou en 1953 e a de mercadorías en 1957.
Datos do censo de 2011:[3][4][5]