O H-II Transfer Vehicle (Vehículo de Transferencia H-II), máis coñecido polo seu acrónimo HTV e tamén como Kounotori, é unha nave xaponesa automática para enviar carga á Estación Espacial Internacional.[1][2][1]
As HTV son naves non reutilizables para enviar carga á ISS e que son lanzadas mediante foguetes H-IIB. Unha vez cerca da ISS son capturadas mediante o seu brazo robótico e acopladas á estación xa que non dispoñen de medios de atraque propios. Están formadas por catro compoñentes principais:[1][2]
A enerxía para a nave a proporcionan células solares que cobren parte da superficie externa. A carga total que os HTV poden levar á ISS é de 6000 kg: ata 5200 kg na parte presurizada e ata 1500 na non presurizada, combinadas de tal xeito que non superen as 6 toneladas. Os HTV poden cargarse con desperdicios da estación para que se queimen na reentrada xunto co vehículo. O máximo tempo de voo en solitario para os HTV é dunhas 100 horas, mentres que poden permanecer acoplados á estación ata 30 días. Ao seu regreso quedan destruídos durante a reentrada atmosférica.[1][2]
Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
HTV 1 | 10 de setembro de 2009 | H-IIB | Éxito |
HTV 2 | 22 de xaneiro de 2011 | H-IIB | Éxito |
HTV 3 | 21 de xullo de 2012 | H-IIB | Éxito |
HTV 4 | 3 de agosto de 2013 | H-IIB | Éxito |
HTV 5 | 19 de agosto de 2015 | H-IIB | Éxito |
HTV 6 | 9 de decembro de 2016 | H-IIB | Éxito |
HTV 7 | 22 de setembro de 2018 | H-IIB | Éxito |
HTV 8 | 24 de setembro de 2019 | H-IIB | Éxito |
HTV 9 | 20 de maio de 2020 | H-IIB | Éxito |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: H-II Transfer Vehicle |