HALCA / Muses B / Haruka | |
---|---|
Tipo | Científico |
Organización | ISAS |
Data de lanzamento | 12 de febreiro de 1997, 4:50 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | M-5[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Uchinoura[2][6] |
Obxectivo da misión | Observación astronómica no rango das ondas de radio.[2][6] |
NSSDC ID | 1997-005A |
Masa | 830,0 kg[2][5][6] |
Potencia | 2,5 vatios[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 17.280 km[1] |
Inclinación | 31,2 graos |
Apoapse | 21.286 km[1] |
Periapse | 531,9 km[1] |
HALCA (acrónimo de Highly Advanced Laboratory for Communication and Astronomy), orixinalmente nomeado como Muses B e logo rebautizado como Haruka (moi lonxe en xaponés) foi un observatorio espacial da axencia xaponesa ISAS lanzado o 12 de febreiro de 1997 mediante un foguete M-5 desde o Centro Espacial de Uchinoura.[2][5][6]
HALCA foi lanzado para facer observacións astronómicas no rango das ondas de radio. Levaba a bordo unha antena despregable en forma de prato de 8 metros de diámetro formado por arames de molibdeno recubertos de ouro coa que observar en frecuencias de 1,6, 5 e 22 GHz e poder facer interferometría de moi longa base en conxunción con observatorios radioastronómicos situados en terra. O seu obxectivo principal era facer observacións de moi alta resolución grazas ó método de interferometría para poder medir os movementos dos chorros dos quasares e das fontes máser galácticas.[2][5]
HALCA foi lanzado para unha duración de entre 3 e 5 anos, pero funcionou máis alá do especificado. O satélite foi apagado e deixado fóra de servizo o 30 de novembro de 2005.[7] Ray Experiment Telescope)