TPS | |
---|---|
Fundación | 1929 |
Cidade | Turku, Finlandia Propia Finlandia |
Estadio | HK-areena (11.820 espectadores) |
Liga | Liiga Champions Hockey League |
Campionatos | 11 |
Propietario(s) | Turun Palloseuran säätiö (37 %) Varamiespalvelu Oy Miikka Kiprusoff TS-Yhtymä Mikko e Saku Koivu [1] |
Director | Kari Hietarinta |
Adestrador | Kai Suikkanen[2] |
Afiliado(s) | TuTo (Mestis) |
Cores | Negro e branco |
Na rede | |
http://hc.tps.fi/ | |
Seccións activas da TPS | ||
---|---|---|
Floorball | Fútbol (feminino) |
Fútbol (masculino) |
Hóckey sobre xeo (feminino) |
Hóckey sobre xeo (masculino) |
O HC TPS Turku Oy, ou simplemente Turun Palloseura (abreviado TPS), é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Turku (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, competición que gañou en once ocasións (dez dende que adoptou a denominación actual). Xoga os seus partidos como local no HK-areena, pavillón con capacidade para 11.820 espectadores.
O TPS fundouse en 1922 como Turun Palloseura, de onde deriva o acrónimo. A sección de hóckey sobre xeo do club comezou as súas actividades en 1929. Actualmente o nome da compañía propietaria do equipo é HC TPS Turku Oy.
O TPS gañou o campionato finlandés de hóckey sobre xeo en 11 ocasións (1956, 1976, 1989, 1990, 1991, 1993, 1995, 1999, 2000, 2001 e 2010), sendo as dez últimas baixo a denominación actual da liga (SM-liiga), sendo o terceiro equipo con máis títulos por detrás do Ilves (16) e o Tappara (15). Seis dos once títulos do club foron conseguidos co adestrador Hannu Jortikka entre as tempadas 1989-91 e 1999-01. O TPS ten tamén conta nas súas vitrinas con dúas Copas de Finlandia.
Nº | Xogador | Posición | Carreira | Data da retirada | Referencias |
---|---|---|---|---|---|
3 | Timo Nummelin | ||||
8 | Juhani Wahlsten | ||||
15 | Reijo Leppänen | ||||
16 | Rauli Tammelin | ||||
23 | Hannu Virta |
Dende que se creou a SM-liiga teñen pasado os seguintes adestradores polo banco do TPS:
O equipo feminino da Turun Palloseura fundouse en 1989 e comezou a súa andaina esa mesma tempada na I-divisioona.[4]
Debutou na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés na tempada 1990-91, finalizando na quinta posición dun total de sete equipos, e non se clasificou para a postempadaa.[5] Con todo, na tempada 1992-93, logo de tres tempadas consecutivas na elite, o equipo descendeu de novo á I-divisioona e estivo durante toda esa década e a dos anos 2000 movéndose entre diferentes categorías ata que na tempada 2017-18 o equipo proclamouse campión da Naisten Mestis e regresou á máxima categoría, recentemente renomeada "Naisten Liiga".[4]
En 2022 o TPS fixo historia logo de clasificarse por primeira vez para os play-offs, mais caeu nas semifinais fronte o K-Espoo e finalizou a tempada na cuarta posición.[4]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: HC Turun Palloseura |