Idrottsföreningen Kamraterna i Helsingfors HIFK | |
---|---|
Fundación | 1897 (1928 primeiro partido) 1945 (sección de hóckey sobre xeo) |
Cidade | Helsinqui, Uusimaa Finlandia |
Estadio | Helsingin jäähalli (8.200 espectadores) |
Liga | Liiga Champions Hockey League |
Campionatos | 6 |
Propietario(s) | Ligaföreningen HIFK r.f.[1] |
Director | Jukka Valtanen |
Adestrador | Petri Matikainen |
Cores | Azul, vermello e branco |
Na rede | |
https://hifk.fi/ | |
O Idrottsföreningen Kamraterna i Helsingfors, frecuentemente abreviado como HIFK, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Helsinqui (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, competición que gañou en seis ocasións, se ben só catro destes títulos os conseguiu dende que a competición adoptou a súa denominación actual en 1975. Xoga os seus partidos como local no Helsingin jäähalli, un pavillón con capacidade para 8.200 espectadores.
Unha das principais influencias do HIFK foi o veterano da NHL e campión da Stanley Cup Carl Brewer. Contratado en 1968 como adestrador do HIFK, abogou por un estilo norteamericano que caracterizou durante moito tempo ao equipo. Brewer influíu no estilo do hóckey finlandés, o que o levou a ser recompensado no Hockey Hall of Fame finlandés en 2003. En 1981 o club conseguía o seu maior logro a nivel europeo ao chegar á final da Copa de Europa, onde caeu fronte ao HC CSKA Moscova
O Helsingin IFK conta cun equipo feminino, tamén coñecido como Stadin Gimmat que foi fundado en 1982, e refundado en 2018. Actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten Liiga.
O equipo foi un dos fundadores da máxima competición feminina de hóckey sobre xeo de Finlandia, a daquela denominada SM-sarja en 1982, mais descendeu por motivos económicos n 1989 e cesou a súa actividade ata que se refundou en 2018, conseguindo o ascenso á Naisten Liiga na súa tempada debut.[2] Os maiores éxitos do equipo ata 2023 foron o campionato finlandés conquistado en 2023, unha medalla de prata en 2022 e tres medallas de bronce conseguidas en 1988, 1989 e 2021.