Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Hispania | |
---|---|
Información | |
País | España |
Fabricante | Hispania |
Deseñador | Jacky Eeckelaert Stephane Schosse[1] |
Produción | |
Predecesor | F111 |
Sucesor | |
Longo | mm |
Largo | mm |
Alto | mm |
Peso | 640 Kg. mínimo (con auga, lubricante e piloto) |
Chasis | Monocasco en fibra de carbono e paneis composto de niño de abella |
Suspensión | Dobre trapecio en fibra de carbono con resorte de torsión e antibalanceo operados mediante barra de pulo (diante) e de arrastre (atrás) |
Motor | Cosworth CA 2012 |
Potencia | 2400 cm³, V8 a 90° central lonxitudinal , limitado a 18000 RPM |
Transmisión | Williams de 7 velocidades secuencial semiautomático con "Cambio-rápido" |
Tracción | Posterior |
Freos | |
Prestacións | |
Pneumáticos | Pirelli P Zero (seco), Cinturato (mollado)[2] Lamias OZ (dianteiras e traseiras): 13" |
Debut | Gran Premio de Australia de 2012 |
Pilotos | 22. Pedro de la Rosa 23. Narain Karthikeyan Prob. Dani Clos Prob. Vitantonio Liuzzi Prob. Ma Qinghua |
Carreiras | 20 |
Gañadas | 0 |
Poles | 0 |
Voltas rápidas | 0 |
Camp. Cons. | 0 |
Camp. Pilt. | 0 |
* Páxina oficial de HRT F1 Team |
O HRT F112 é un monopraza de competición construído por HRT F1 Team para competir na tempada de Fórmula 1 de 2012. Será pilotado polo español Pedro de la Rosa e o indio Narain Karthikeyan e presentouse o 5 de marzo en Montmeló.[3]
HRT non participou en ningunha das sesións de prácticas programadas co bólido deste ano por falta de tempo, polo que as tan ansiadas primeiras imaxes do F112 non se puideron observar ata un ensaio privado o 5 de marzo.[4] Antes da presentación do monopraza definitivo do equipo español, a escuadra quería participar nos primeiros test de pretempada para facer rodaxe co equipo, completamente renovado. Por iso, en Xerez, Pedro de la Rosa pilotou o F111 do ano anterior, completamente branco. Aínda que a aparición do novo monopraza fíxose esperar, xa era previsible un cambio nas cores da carrocería, consecuente ao cambio de logotipo do equipo, que agora é de cor dourada.[5]
O motivo de que aínda non sexa desvelado o novo modelo é que os coches deben pasar probas de impacto antes da súa presentación e as súas probas en pista. A primeira data de presentación prevista era o 21 de febreiro, data de inicio das segundas sesións de adestramento de pretempada. Dado que o chasis non superou dúas das 16 probas ás que foi sometido, por unha estreita marxe segundo portavoces da escuadra,[6] impediuse a realización da 17ª e última. As probas que fallou foron as de choque fronto-lateral e a de envorco, por iso o equipo ten que emendar erros no morro e na barra anti-envorco.[7] De todos os xeitos, o equipo afirmou non estar preocupado, xa que desde un tempo atrás a maioría do traballo céntrase neste obxectivo, pero implica cambiar os plans de fabricación, xa que hai que realizar novas pezas.[8]
Nos tres anos que HRT leva participando do mundial de Fórmula 1, nunca puido chegar a tempo co novo monopraza aos test de pretempada (estreando o F110 e F111 no primeiro Gran Premio da tempada, e o F112 nunhas probas privadas días antes da primeira cita do calendario).
Finalmente o F112, realizou as súas primeiras voltas no Circuíto de Cataluña, en Barcelona o 5 de marzo de 2012. Logo de superar as últimas probas de impacto e ser homologado, o equipo realizou quendas de traballo para cubrir as 24h de modo que puidesen chegar facendo unha rodaxe previa ao primeiro Gran Premio da tempada, por primeira vez na súa historia. Esta rodaxe foi posible aproveitando unha das xornadas promocionais das que os equipos dispóñen durante o ano.
A falta de dúas semanas para a data prevista da súa presentación, o piloto Pedro de la Rosa desvelou durante os primeiros adestramentos de pretempada que o F112 ten un morro graduado, tamén coñecido como pico de ornitorrinco,[9] como a maioría dos coches correspondentes ao mesmo ano.[10] Con todo, este non será tan pronunciado como noutros exemplos. Espérase que as súas prestacións permítanlle achegarse máis ao resto de rivais que o F111.[11]
Tamén se coñece desde a pasada tempada que equipará o tren traseiro do Williams FW33, incluído o sistema KERS. Isto débese a un acordo entre as dúas escuderías, mediante o cal HRT benefíciase da tecnoloxía e os coñecementos aplicados a un coche dun equipo con máis experiencia, pero co que comparte o motor Cosworth, e Williams recibe un importante ingreso económico ao vender produtos e tecnoloxías que foron deseñados para ser aplicados a vehículos de rúa, pero que non conseguiron froitos. Estímase que este acordo custe ao redor de 5 millóns de euros.[12]
O día 13 de febreiro do 2012, o equipo HRT fixo oficial a contratación do piloto español Dani Clos como terceiro piloto da escudería. Prevese que acuda a todas as carreiras, co fin de que realice varias sesións de adestramentos dos venres.[13][14] E parece ser que este tamén será o rol do outro piloto que actualmente se atopa en negociacións co equipo. Vitantonio Liuzzi, sen un rol aínda determinado, completa a nómina de pilotos.
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Motor | Pneu. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2012 | HRT F1 Team | Cosworth CA2012 | P | AUS | MAL | CHN | BHR | ESP | MON | CAN | EUR | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | SIN | XPN | COR | IND | ABU | USA | BRA | 0 | 12º | |
Pedro de la Rosa | NSC | 21 | 21 | 20 | 19 | Ret | Ret | 17 | 20 | 21 | 22 | 18 | 18 | 17 | 18 | Ret | Ret | 17 | 21 | 17 | ||||||
Narain Karthikeyan | NSC | 22 | 22 | 21 | Ret | 15 | Ret | 18 | 21 | 23 | Ret | Ret | 19 | Ret | Ret | 20 | 21 | Ret | 22 | 18 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: HRT F112 |