HTMS Chakri Naruebet | |
---|---|
O HTMS Chakri Naruebet (CVH 911) no sur do mar da China, en 2001. | |
Historial | |
Estaleiro | Bazán en Ferrol (actual Navantia Ferrol) |
Clase | Príncipe de Asturias |
Tipo | Portaavións V/STOL |
Operador | Royal Thai Navy (RTN) |
Porto de rexistro | Sattahip, Chonburi Tailandia |
Autorizado | 27 de marzo de 1992 |
Posta en grella | 12 de xullo de 1994 |
Botado | 20 de xaneiro de 1996 |
Asignado | 10 de agosto de 1997 |
Viaxe inaugural | Ferrol- Tailandia (42 días) |
Características xerais | |
Desprazamento | 11 486 t |
Eslora | 182,65 m (599.2 pés), eslora total 174,1 m (571 pés), cuberta de voo 164,1 m (538 pés), entre perpendiculares |
Manga | 22,5 m (74 pés), liña de flotación 30,5 m (100 pés) máxima |
Puntal | 27 m |
Calado | 6,12 m (20.1 pés) |
Sensores | Radar de procura aérea Raytheon AN/SPS-52C 3-D Radar de navegación e control de helicópteros Kelvin Hughes Radar de navegación Kelvin Hughes I-band |
Armamento | 3 lanzadores de mísiles superficie-aire SAM Mistral 2 canóns de 30 mm |
Propulsión | 2 motores diésel 2 turbinas de gas Bazán General Electric LM2500+ 2 hélices de paso variable de 4 pás |
Potencia | 44 250 cv |
Velocidade | Máxima 26,4 nós navegación 16 nós |
Autonomía | 10.000 m.n a 12 nós |
Tripulación | 455 tripulantes 146 grupo aéreo |
Tropas | 675 soldados |
Capacidade | 4 membros da familia real |
Aeronaves | 6 Matador AV-8S (Harrier) 6 helicópteros Sikorsky S-70B Seahawk |
Equipamento aeronaves | cuberta de voo de 174,6 m × 27,5 m ski jump de 12° 2 montacargas |
O HTMS Chakri Naruebet, identificativo CVH-911 (en tailandés: จักรีนฤเบศร), é un portaavións convencional construído en Ferrol a finais dos anos 1990 para a Real Mariña Tailandesa.
O tifón Gay chegou a Tailandia en 1989. A Mariña Real Tailandesa non tiña medios navais para axudar as vítimas. O goberno tailandés convocou un concurso internacional para o deseño e construción dun buque militar con capacidade para axuda civil. Entón non eran empregados buques anfibios. O deseño de Bazán baseado no Príncipe de Asturias foi seleccionado sobre deseños internacionais. O HTMS Chakri Naruebet foi o primeiro portaavións deseñado e construído para ser vendido a outro país.[Cómpre referencia] A Mariña Real Tailandesa é das poucas no sur de Asia que ten un portaavións.[Cómpre referencia]
O nome "Chakri Naruebet" foille posto polo rei Bhumibol Adulyadej. Significa "O Soberano da Dinastía Chakri". O custo do buque foi duns 352 millóns de dólares. Á súa botadura acudiron a raíña Sirikit de Tailandia e a raíña Sofía de España. En 2006 o buque deixou de operar con avións e dende entón opera con dez helicópteros Seahawk.[1]