HV71 | |
---|---|
Fundación | 24 de maio de 1971 |
Cidade | Jönköping, Småland Suecia |
Estadio | Kinnarps Arena (7.038 espectadores) |
Liga | SHL |
Campionatos | 4 |
Director | Fredrik Stillman |
Adestrador | Ulf Dahlén |
Cores | Azul, branco e amarelo |
Na rede | |
http://www.hv71.se | |
O Husqvarna Vätterstad 1971, máis coñecido como HV71 ou simplemente HV, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Jönköping, Småland (Suecia). Foi fundado o 24 de maio de 1971 e actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco, a SHL, competición que gañou en catro ocasións (1995, 2004, 2008 e 2010), dende 2008 compite tamén no European Trophy, así como na tempada inaugural da Champions Hockey League. Xoga os seus partidos como local no Kinnarps Arena, un pavillón con capacidade para 7.038 espectadores. Os seus principais rivais son o Frölunda HC, o Färjestads BK e o Linköpings HC.