Hadrosáuridos

Edmontosaurus.

Os hadrosáuridos[1] (Hadrosauridae) son unha familia de dinosauros ornitópodos, que foron particularmente abundantes ao final do Cretáceo. Os hadrosaúridos viviron no que hoxe é Europa, Asia, América do Norte (que correspondían, ao final do Mesozoico, ao continente Laurasia) e Suramérica.

Características

[editar | editar a fonte]

Os hadrosáuridos eran dinosauros herbívoros de variados tamaños. A parte frontal dos seus fociños terminaba nun bico achatado, semellante ao dos patos actuais. A boca contiña unha serie de dentes molares, especializados na mastigación de plantas. Os hadrosáuridos presentaban marcados comportamentos gregarios, ademais de coidados parentales e sistemas de niños.

Algunhas especies de hadrosáuridos, por exemplo os lambeosaurios, posuían unha crista oséa na parte superior da cabeza. A función desta crista permanece aínda en debate, pero a hipótese máis aceptada é a dunha función como caixa de resonancia que permitise a comunicación entre os animais da mesma especie.

Os hadrosaúridos evolucionaron a partir dun devanceiro común cos iguanodóntidos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]