Halothiobacillus | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Halothiobacillus é un xénero de Gammaproteobacteria. Comprende dúas especies aerobias obrigadas que necesitan oxíxeno para vivir. Son tamén halotolerantes e viven en ambientes con altas concentracións de sal ou outros solutos, pero non os precisan para crecer.
A especie tipo deste xénero, Halothiobacillus neapolitanus, era antes clasificada dentro do xénero Thiobacillus, pero foi reclasificada en 2000.[1] Outras dúas especies que antes tamén estaban en Thiobacillus foron reclasificadas inicialmente como Halothiobacillus halophilus e Halothiobacillus hydrothermalis; porén, ambas as dúas eran halófilos obrigados en lugar de ser halotolerantes e presentaban unha comparativamente baixa identidade no xene de ARNr 16S con Halothiobacillus neapolitanus, o que fixo que fosen de novo reclasificadas no xénero de nova designación Guyparkeria en 2017, cos nomes Guyparkeria halophila e Guyparkeria hydrothermalis.[2]
Halothiobacillus é un xénero de bacterias, cuxas especies, xunto con outros organismos quimiolitoautótrofos, xogan un importante papel nos ciclos do carbono e do xofre globais. Teñen a capacidade de vivir dependendo só de fontes de compostos inorgánicos (CO2 e xofre reducido) para cubrir as súas necesidades de carbono e enerxía, pero poden asimilar algúns intermediarios do ciclo de Krebs durante o seu crecemento autótrofo.[2]
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |