Os halterios, tamén chamados balancíns, son pequenas estruturas en forma de maza, que son modificacións dun dos dous pares de ás nalgúns dos insectos alados.[1]
A maioría dos insectos alados teñen dous pares de ás (aínda que algúns, como os coleópteros só utilicen para o voo as ás do segundo par, primeiro está endurecido e funciona como coiraza cando o insecto está pousado (os élitros).
Estas estruturas axítanse rapidamente durante o voo. Conteñen os chamados órganos cordotonais, sinxelos órganos posicionais que funcionan como xiroscopios, informando ao insecto sobre a rotación do corpo durante o voo e a súa posición espacial.
A palabra halterio provén do grego antigo ἁλτῆρες altḗres, un derivado do veebo ἅλλομαι hállomai, 'saltar', 'lanzarse'. (Cf. ἅλμα hálma, 'saltando').[2][3][4]
Estes ἁλτῆρες ou halteras eran un tipo de pesos duplos utilizados na Antiga Grecia, nos deportes, eran utilizados no levantamento de pesas (desta mesma orixe deriva o termo deportivo haltere, usado na halterofilia), e tamén como pesos na versión antiga do salto de lonxitude, que probabelmente consistía nun conxunto de tres saltos.[5][6][7]
No salto, as halteras levábaas o atleta en ambas as mans para poder saltar a unha distancia maior. Talvez as deixaban caer tras o primeiro ou o segundo salto. Segundo evidencias arqueológxicas, o atleta balancearía os pesos cara a atrás e logo o botaba cara a adiante xusto antes do salto e faríaas pivotar cara a atrás xusto antes de liberalas e chegar ao chan. Desta manobra de balanceamento probabelmente deriven os sinónimos vulgares do galego e castelán balancín,[1][8] do portugués balancim,[9] e do catalán balancí,[10] para halterio, haltere e halteri, respectivamente. No italiano só se usa o termo bilanciere.
↑ 1,01,1halterios m. ENTOM Par de apéndices, capitados e móbiles, que substitúen o segundo par de ás nos dípteros. OBS: Tamén se denominan balancín. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISNB 84-7680-504-7.
↑Klowden, M. J. (2007): Physiological systems in insects. Elsevier/Academic Press. pp. 497-499.
↑balancí, 4ª ecep. No Diccionari da la llengua catalana. Barcelona / Palma de Mallorca / València: Institut d'estudis catalans, 1995, ISBN 84-2973-981-5.
Yarger, AM; Fox, JL. "Dipteran Halteres: Perspectives on Function and Integration for a Unique Sensory Organ". Integr Comp Biol56: 865–876. PMID27413092. doi:10.1093/icb/icw086.
Pringle, J. W. S. (1948). "The Gyroscopic Mechanism of the Halteres of Diptera". Phil. Trans. R. Soc. B.233 (602): 347–384. doi:10.1098/rstb.1948.0007.
Fraenkel, G.; Pringle, J. W. S. (1938). "Biological sciences: halteres of flies as gyroscopic organs of equilibrium". Nature141: 919–920. doi:10.1038/141919a0.