Hamburg Towers

Hamburg Towers
Información xeral
Liga BBL
Fundación 2013
Cores                Branco, negro, prata
Presidente Alemaña Jan Fischer
Adestrador España Pedro Calles
Patrocinador VTG
Localización
Cidade Alemaña Hamburgo, Alemaña
Pavillón edel-optics.de Arena
Capacidade 3 400
Inauguración 20 de outubro de 2015
hamburgtowers.de

O Hamburg Towers é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Hamburgo. O club actualmente xoga na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto xermano. Fundado en 2013, desde 2014 xoga os seus partidos como local no Edel-optics.de Arena, pavillón con capacidade para 3 400 espectadores.

Desde a quebra do BCJ Hamburg en 2020, Hamburgo non contaba con ningún equipo profesional de baloncesto. Para remediar esta situación, en febreiro de 2013 o ex-xogador Pascal Roller e o empresario Wolfgang Sahm anunciaron os seus plans para a creación dun novo equipo para levar de volta á cidade este deporte a nivel profesional.[1] O obxectivo orixinal do club era obter os dereitos deportivos dun club da Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto do país. Con todo, non foi posíbel e o equipo inscribiuse para a temporada 2014−15 na ProA, a segunda división.

O club debutou na ProA o 28 de setembro de 2014, nun encontro como local que gañou por 66−65 ante os Gießen 46ers.[2] Na súa tempada de debut, o equipo terminou oitavo na clasificación. Na seguinte temporada, a 2015−16, os Towers tiveron a asistencia media máis alta de todos os clubs ProA con 3.047 por xogo. Na temporada 2018−19, o equipo hamburgués terminou a temporada regular en cuarto lugar, o que lle permitiu disputar as eliminatoiras polo ascenso. Despois de derrotar o 30 de abril aos favoritos Chemnitz Niners en semifinais, o equipo ascendeu ao Basketball Bundesliga. Xa nas finais, o equipo consegue o título despois de derrotar aos Nürnberg Falcons.

Temporadas

[editar | editar a fonte]
Ano Nivel División Pos. V–D
2014–15 2 ProA 8 15–18
2015–16 2 ProA 5
2016–17 2 ProA 9 14–16
2017–18 2 ProA 10 13–17
2018–19 2 ProA 1 26–15
2019–20 1 Basketball Bundesliga 17 3–17
2020–21 1 Basketball Bundesliga 7 21–13

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Destacados

[editar | editar a fonte]

Adestradores

[editar | editar a fonte]
  • Alemaña Hamed Attarbashi (2014−2018)
  • Alemaña Benka Barloschky (2018)
  • Estados Unidos Mike Taylor (2018−2020)
  • España Pedro Calles (2020−presente)
  1. Von Carsten Eberts (5 de febreiro de 2013). "Basketball wie in München – nur anders". Süddeutsche Zeitung (en alemán). Consultado o 5 de agosto de 2021. 
  2. "Happy End bei Towers-Premiere in der Zweiten Liga". abendblatt.de (en alemán). 28 de setembro de 2014. Consultado o 5 de agosto de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]