Hamlet | |
---|---|
Un mapa de Oberón. O gran cráter con seu interior de cor escura (no centro da imaxe cara a dereita) é Hamlet. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Cráter |
Accidente xeolóxico de | Oberón |
Diámetro | 206 km[1] |
Profundidade | ? |
Coordenadas | 46,1° S 44,4° E[1] |
Procedencia do nome | personaxe principal da obra de William Shakespeare, Hamlet.[1] |
Hamlet é o cráter máis grande da lúa do planeta Urano, Oberón. Ten un diámetro do redor de 206 km e sería bautizado co nome da personaxe principal da obra de William Shakespeare, Hamlet. O cráter ten unha superficie escura e está rodeado por un brillante sistema de raios, os cales xurdiron do xeo expulsado despois do impacto e depositado pouco despois dando lugar ó citado sistema de raios.[1] A natureza do material escuro da superficie interior do cráter é descoñecida, pero podería ser material procedente do interior da lúa. O cráter foi fotografado por primeira vez pola sonda espacial Voyager 2 en xaneiro do 1986.[2]