Hanford Site | |
---|---|
![]() | |
Tipo | estrutura arquitectónica, Laboratorios nacionais do Departamento de Enerxía dos Estados Unidos e radioactive waste repository |
Data de fundación | anos 1940 |
En | Condado de Benton |
País | Estados Unidos de América |
46°38′51″N 119°35′55″O / 46.6475, -119.59861111111 | |
Na rede | |
https://www.hanford.gov | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hanford Site é un complexo de produción nuclear decomisionado, operado polo goberno federal dos Estados Unidos e situado ó carón do río Columbia no estado de Washington. O sitio recibiu diversos nomes, incluíndo Proxecto Hanford, Hanford Works, Hanford Engineer Works e Reserva Nuclear Hanford. Establecido no ano 1943 como parte do Proxecto Manhattan en Hanford, o sitio aloxou o Reactor B, o primeiro reactor nuclear de produción de plutonio a escala completa do mundo.[1] O plutonio manufacturado alí utilizouse na primeira bomba nuclear utilizada na proba Trinity, e na bomba Fat Man detonada sobre Nagasaki.
Durante a guerra fría o proxecto de Hanford ampliouse para incluír nove reactores nucleares e cinco complexos de procesamento de plutonio, que produciron plutonio para a maioría das 60 000 armas construídas para o arsenal nuclear dos Estados Unidos.[2][3] Os reactores de produción para armas decomisionáronse trala fin da guerra fría, deixando tras décadas de traballo uns 200 000 m3 de residuos radioactivos de alto nivel[4] gardados en 177 tanques de almacenamento, outros 710 000 m3 de residuos radioactivos sólidos e 520 km2 de auga subterránea contaminada baixo o sitio.[5]
En 2007 Hanford Site contiña dous terzos do volume total de residuos radioactivos de alto nivel dos Estados Unidos.[6] O 10 de novembro de 2015 foi incluído no Parque Histórico Nacional do Proxecto Manhattan xunto a outras localizacións en Oak Ridge e Los Alamos.[7]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hanford Site ![]() |
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|