Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de febreiro de 1915 ![]() Duisburgo, Alemaña ![]() |
Morte | 22 de decembro de 1991 ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña ![]() |
Actividade | |
Ocupación | ornitólogo |
Lingua | Lingua alemá ![]() |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Wolters ![]() |
Hans Edmund Wolters, nado o 11 de febreiro de 1915 en Duisburgo, e finado o 22 de decembro de 1991, foi un ornitólogo alemán.
Desde 1960 traballou como membro asociado do Zoologische Forschungsmuseum Alexander Koenig (Instituto e Museo de Investigación Zoolóxica Alexander Koenig) de Bonn, do que foio o director do seu Departamento de Ornitoloxía do Museo desde 1973.[1]
Wolters dirixiu as publicacións desta institución desde 1974 a 1979: Bonner zoologische Beiträge e Bonner zoologische Monographien.
En 1971 a Universidade de Bonn distinguiuno co título de doutor honoris causa.
Retirouse en 1980, aínda que continuou colaborando desinteresadamente. Wolters participou igualmente nos traballos da Comisión Ornitolóxica Internacional.
Especialista da taxonomía dos paseriformes, Wolters foi un dos primeiros ornitólogos europeos en utilizar unha clasificación cladística, o que se reflicte na súa obra principal, Die Vogelarten der Erde (Os taxa das aves do mundo).[1]
Wolters describiu por primeira vez numerosos taxons, entre outros, Malimbus ballmanni, Pipromorphinae, Pygarrhichadini, Pygarrhichinae e Rauenia. A el débese a descrición dunha nova (e discutida por algúns) suborde dos paseriformes, a dos Acanthisitti (acantisitos).
A abreviatura Hans Edmund Wolters emprégase para recoñecer a Hans Edmund Wolters como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hans Edmund Wolters |