En xenética humana, un haplogrupo do ADN mitocondrial humano é un haplogrupo definido por diferenzas no ADN mitocondrial humano. Os haplogrupos utilízanse para representar os principais puntos de ramificación da árbore filoxenética mitocondrial. O ADN mitocondrial hérdase esencialmente da nai. Comprender o camiño evolutivo da liñaxe feminina axudou aos xenetistas de poboacións a trazar a herdanza matrilineal dos humanos modernos ata os súas orixes en África e o seu subseguinte espallamento por todo o mundo.
Os nomes de letras dos haplogrupos (non só dos haplogrupos de ADN mitocondrial) van do A ao Z. Os haplogrupos foron nomeados por orde de descubrimento; a ordenación alfabética non ten, pois, ningún significado en canto ás verdadeiras relacións xenéticas.
A muller hipotética situada na raíz de todos estes grupos (significando só haplogrupos de ADN mitocondrial) é o antepasado común máis recente matrilineal de todos os humanos actualmente vivos. A esa muller dáselle xeralmente o nome de Eva mitocondrial.
A velocidade ou taxa á cal muta o ADN mitocondrial coñécese como reloxo molecular mitocondrial. É unha área na que hai varias investigacións en marcha e un dos estudos informa dunha taxa dunha mutación por cada 8000 anos.[2]
Esta árbore filoxenética está baseada en Van Oven (2009).[4]
Haplogrupo | tempo estimado de orixe (miles de anos)[5] | posible sitio de orixe | maiores frecuencias |
---|---|---|---|
L | 200 | ||
L1-6 | 170 | Leste de África | |
L2-6 | 150 | Leste de África | |
L0 | 150 | Leste de África | |
L1 | 140 | África Central | |
L3-6 | 130 | ||
L5 | 120 | ||
L2 | 90 | ||
L3 | 70 | Leste de África | |
N | 70 | Leste de África ou oeste de Asia | |
M | 60 | Leste de África, oeste de Asia ou sur de Asia | |
R | 60 | ||
U | 55 | Nordeste de África ou India (Sur de Asia) | |
RT'JT | 55 | Oriente Medio | |
JT | 50 | Oriente Medio | |
U8 | 50 | Oeste de Asia | |
R9 | 47 | ||
B4 | 44 | ||
F | 43 | ||
U4'9 | 42 | Asia central | |
U5 | 35 | Oeste de Asia | |
U6 | 35 | Norte de África | |
J | 35 | ||
X | 30 | ||
K | 30 | ||
U5a | 27 | ||
HV | 27 | Oriente Próximo | |
J1a | 27 | Oriente Próximo | |
T | 27 | Mesopotamia | |
K1 | 27 | ||
I | 26 | ||
J1 | 24 | Oriente Próximo | |
W | 20 | ||
U4 | 20 | Asia central | |
X2 | 20 | ||
H | 20 | Oeste de Asia | |
U5a1 | 18 | Europa | |
J1b | 11 | ||
V | 14 | ||
X2a | 13 | América do Norte | |
H1 | 12 | ||
H3 | 12 | ||
X1 | 10 |
Un artigo de 2004 suxería que os haplogrupos máis comúns nas poboacións modernas europeas eran: H, J, K, N1, T, U4, U5, V, X e W.[6]
Haplogrupos africanos: L0, L1, L2, L3, L4, L5, L6, T, U5a
Haplogrupos australianos: M42a, M42c, M14, M15, Q, S, O, N, P. (Refs 1, 2, 3, 4, 5, 6)
Haplogrupos asiáticos: F, C, W, M, D, N, K, U, T, A, B, C, Z, U con moitas variantes numeradas en cada sección
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Haplogrupo do ADN mitocondrial humano |
Árbore filoxenética dos haplogrupos de ADN mitocondrial humano (ADNmt) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Eva mitocondrial (L) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
L0 | L1–6 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
L1 | L2 | L3 | L4 | L5 | L6 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
M | N | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CZ | D | E | G | Q | O | A | S | R | I | W | X | Y | |||||||||||||||||||||||||||
C | Z | B | F | R0 | pre-JT | P | U | ||||||||||||||||||||||||||||||||
HV | JT | K | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
H | V | J | T |